Unha investigación galega destapa a industria de creación de artigos científicos falsos

O estudo liderado pola USC constata que máis do 20% dos papers retirados en 2021 logo de publicarse procedían de fábricas de artigos

Un equipo coordinado pola USC, xunto con investigadores das universidades de Brown e Yale, acaba de publicar no British Medical Journal —considerada como unha das publicacións máis relevantes no eido da medicina— un estudo sobre como foron evolucionando, entre os anos 2004 e 2022, as razóns polas que se retiran artigos científicos logo da súa publicación. En concreto, o estudo céntrase naqueles artigos que son retirados tras ser publicados nas revistas científicas ao conter estudos que non son reais e con autores que tampouco teñen participado na súa realización. O traballo logrou identificar un total de 1.182 artigos retirados por este motivo, dos cales, 1.143 (o 96,8 %) proceden de institucións chinesas. Ademais, un total de 909 (o 76,9 %) mencionaban unha institución hospitalaria como filiación principal. As fábricas de artigos adoitan corresponderse con empresas que producen manuscritos científicos falsos por encargo, debido á intensa presión para publicar, combinada con longas horas de traballo, que sofre o persoal investigador.

O traballo forma parte da tese de doutoramento da primeira asinante, Cristina Candal Pedreira, quen firma o traballo xunto con Joseph S Ross, Alberto Ruano Raviña, David S Egilman, Esteve Fernández e Mónica Pérez Ríos. O artigo titulado ‘Retracted papers originating from paper mills: cross sectional study’ constata como en 2021, máis do 20% dos artigos retirados tras ser publicados atribuíronse a este tipo de mala praxe. Ademais, só 15 revistas científicas “concentran a meirande parte destes artigos tramposos”, sinalan os autores. “Observouse tamén que o fenómeno é moi novidoso, xa que apenas hai artigos deste tipo antes de 2014”, engaden. A área de coñecemento coa meirande parte destas retiradas de artigos é a de Farmacoloxía e Farmacia cun 22%.

Publicidade

Metodoloxía

Para a realización deste traballo, os autores solicitaron o acceso á base de dados Retraction Watch, a máis exhaustiva na actualidade neste eido, tras asinar un acordo de uso. “Todas estas retiradas de artigos foron comprobadas dun xeito exhaustivo e obtívose a mesma información de todos eles para posteriormente ser analizada”, explican. “Este tipo de artigos son cada vez máis frecuentes, o que supón un problema para a comunidade investigadora. Orixináronse maioritariamente en China e publicáronse nunha pequena cantidade de revistas”, indican os autores, alén de subliñar a necesidade de novos mecanismos para identificar e evitar este tipo de mala conduta.

Cristina Candal é alumna do programa de doutorado de Epidemioloxía e Saúde Pública da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC e investigadora no Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago de Compostela (IDIS). A súa tese está dirixida polos profesores Mónica Pérez Ríos e Alberto Ruano Raviña, tamén autores deste traballo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais