Luns 14 Outubro 2024

A Academia de Farmacia de Galicia entrega os seus premios a estudantes e investigadores

A Academia de Farmacia de Galicia entrega este mércores ás 19.00 horas na súa sede do Antigo Hospital de San Roque os premios Antonio Casares Rodríguez e Julián Francisco Suárez Freire, uns galardóns que buscan abrir un espazo para o recoñecemento dos estudantes e investigadores novos que desenvolven a súa actividade en Galicia e que nesta ocasión corresponderon a rapaces e rapazas da USC.

A entrega ten lugar no acto académico de apertura do curso, que estará presidida por Manuel Puga Pereira, presidente da institución, e na que o académico de Número Ramón Martínez Pacheco pronunciará a conferencia ‘Medicamentos, tabaco e alcol. Interaccións farmacocinéticas e repercusións clínicas’.

Publicidade

O Premio Antonio Casares Rodríguez patrocinado polos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia correspondeulle a Elia Alvarez Coiradas, que finalizou o grao en Farmacia co mellor expediente académico no curso 2014/2015.

Pola súa banda, o Julián Francisco Suárez Freire, que patrocinan as cooperativas farmacéuticas COFAGA e COFANO dirixido a investigadores menores de 35 anos, foi para Anxo Fernández Ferreiro por un traballo publicado na revista European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics sobre seguridade ocular e tempo de permanencia na superficie ocular de xeles sensibles a ións. O estudo é froito dunha colaboración de varios grupos da USC e do IDIS-ISCIII do SERGAS.

Publicidade

Ademais, entregarase un diploma de excelencia a unha investigación sobre impresión 3D de medicamentos presentado por Álvaro Goyanes Goyanes e publicada en Molecular Pharmaceutics.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Fabricar medicamentos no espazo? Así é a aposta galega de impresión 3D

Dous investigadores veñen de abrir unha nova liña de investigación sobre a distribución e subministro de fármacos en naves espaciais

Crean un método para imprimir medicamentos en 3D dende o móbil

O estudo, liderado pola USC e a University College of London, ofrece a posibilidade de que, nun futuro, os fármacos se poidan producir dende os fogares

Estes son os investigadores de USC e UVigo entre os máis citados do mundo

Juan José Nieto, Álvaro Goyanes, Jianbo Xiao e Francisco J. Barba repiten na listaxe anual que elabora Clarivate

Un ensaio clínico busca combater a sepse con medicina personalizada

O proxecto SePkLin, liderado por Anxo Fernández desde o IDIS e financiado con 280.000 euros, incluirá a 700 pacientes galegos