O espectacular rescate no buque á deriva fronte a Cabo Ortegal

Un rescate en alta mar que trae recordos de catástrofes como a do Prestige. Salvamento Marítimo rescatou aos 22 tripulantes do buque mercante de transporte de vehículos ‘Modern Express‘, de bandeira panameña, e trasladounos ata A Coruña. O buque emitiu o sinal de socorro cando estaba a 148 millas de Cabo Ortegal, en zona de responsabilidade SAR británica correspondente ao MRCC Falmouth, que coordinou a emerxencia, aínda que solicitou os medios de rescate españois que se lle ofreceron.

O buque, de 163 metros de eslora, presentaba unha escora de ata 40 graos, o que unido á climatoloxía, con ventos de forza 8 do SW e mar moi grosa, fixo que decidisen solicitar a evacuación, dificultada pola gran distancia de terra á que se atopaban. O buque, que procedía de Gabón dirixíase cara a Le Havre (Francia).

Publicidade

MORDERN-OK-300x220

No operativo coordinado por Falmouth colaboraron tamén o Centro Nacional de Coordinación de Salvamento de Madrid, Cros ETEL (Francia) e o Centro de Coordinación de Salvamento en Finisterre, que mobilizou inicialmente ao helicóptero de salvamento Helimer 401, o avión Sasemar 102 e o helicóptero da Xunta Pesca II. Tamén se mobilizou ao Helimer 207 de Xixón, aínda que foi desmovilizado tras o rescate. Do mesmo xeito, tamén recibiron aviso aos buques que se atopaban na zona, achegándose a menos de 3 millas ata un total de 6 buques.

O primeiro medio aéreo en chegar foi o Helimer 401, que conseguiu izar ata o helicóptero a 16 tripulantes do buque, todos en bo estado, e trasladounos ata o aeroporto da Coruña.

Publicidade

A continuación, o helicóptero Pesca II, da Xunta de Galicia, conseguiu rescatar aos 6 mariñeiros restantes e trasladalos a Celeiro

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ortegal, kilómetro cero do centro da Terra

Remata a visita dos comisariados da Unesco para avaliar as posibilidades da declaración do Cabo Ortegal como Xeoparque pola súa valía xeolóxica

Centos de avisos despois dun tremor de magnitude 4,4 fronte á costa de Ortegal

O tremor produciuse ás 6.32 da mañá, e é o de maior magnitude na zona nos últimos 20 anos, só superado pola serie de Lugo en 1997

Cinco recunchos para descubrir este verán na provincia da Coruña

Monte Branco, o cumio da provincia, xeoloxía ao aire libre en Ortegal , ou a arte rupestre e megalítica en Compostela e Costa da Morte

Ortegal madura a súa candidatutura para ser Xeoparque da Unesco

O proxecto do Cabo Ortegal para converterse en Xeoparque da Unesco...