A USC reúne aos 22 socios europeos do proxecto AquaTrace de identificación de peixes

O grupo Acuigen da USC reúne esta semana en Santiago de Compostela os 22 socios que participan no proxecto ‘ AquaTrace’ no marco da súa terceira reunión anual. Neste consorcio europeo están representados universidades, centros de investigación e entidades e empresas privadas, co interese compartido de desenvolver ferramentas moleculares fiables e rendibles para a identificación da orixe xenética de peixes silvestres e cultivados, así como para a detección de cruce entre as poboacións cultivadas e silvestres.

Este traballo está centrado en tres especies mariñas de especial importancia económica e con actividades en acuicultura en crecemento, tales como son a lubina, a dorada e o rodaballo, ademais doutras dúas especies relacionadas coa pesca deportiva, como o salmón e a troita.

Publicidade

AquaTrace céntrase en especies de gran valor como lubina, dorada, rodaballo, salmón e troita

A reunión anual de AquaTrace desenvólvese dende este martes ata o venres 29 de xaneiro no hotel AC Palacio del Carmen de Santiago, onde se desenvolverán as distintas sesións previstas e entre as que se inclúe unha xornada de presentación de resultados ás industrias e ás administracións. Esta sesión aberta desenvolverase o xoves 28 de xaneiro, en horario de 13.30 a 15.30 horas. As persoas e empresas interesadas en participar deben formalizar previamente a súa inscrición a través do enderezo de correo electrónico monicaafrica.otero@usc.es.

A asemblea do consorcio AquaTrace, un proxecto a través do que se pretende apoiar o desenvolvemento da acuicultura europea de xeito sostible e ecolóxico, inclúe tamén outra sesión aberta a non socios deste proxecto, tal e como é a visita ás instalacións do Clúster da Acuicultura de Galicia (CETGA) no concello coruñés de Ribeira, programada para o venres 29 de xaneiro. As persoas interesadas en participar nesta expedición tamén deben formalizar a súa inscrición no mesmo enderezo de correo electrónico.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura

Un proxecto galego producirá mexilla mellorada en criadeiro para combater a falta de semente silvestre

O sector do mexillón galego é responsable de preto da metade da produción que abastece a Unión Europea

Un novo método obtén penso saudable para peixes de acuicultura a partir de restos da industria cervexeira

O CSIC elabora alimento para douradas de cultivo a partir de microalgas que aproveitan minerais e nutrientes derivadas da elaboración de cervexa, o que pode reducir a sobrepesca

O océano está cheo de oíntes… e a maioría escoita mellor ca nós

O son viaxa aproximadamente 4,5 veces máis rápido en auga de mar que no aire. Por Antonio Figueras