Venres 29 Marzo 2024

O mes de xaneiro bate récords de temperatura máxima en Santiago

O primeiro día de 2022 rexistráronse 21º5 na capital galega, segundo os datos recollidos polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller

O mes que acaba de rematar deixa tras de si un récord de temperatura máxima en Santiago de Compostela nun mes de xaneiro, “polo menos, revisando os datos dos últimos 50 anos”, sinala o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José Ángel Docobo. O día 1 rexistráronse 21º5, alén dos 19º0 do día 29 e 18º6 do domingo 30; sen esquecer os 21º0 do 29 de xaneiro de 1994, os 20º9 do 24 de xaneiro de 2016, ou os 20º8 do 5 de xaneiro de 1999.

Porén non foi o mes de xaneiro máis solleiro nin o menos chuvioso. En total, houbo 162 horas de insolación, superadas polos meses de xaneiro dos anos 1989 (166 horas e 45 minutos) e sobre todo 1992 (178 horas e 10 minutos). Todas estas horas nada teñen que ver, por exemplo, coa insolación dos xaneiros de 2014 (46 horas e 30 minutos) ou do ano 2001 (40 horas e 40 minutos), explica o profesor Docobo.

Publicidade

Choiva

En canto á choiva, en xaneiro deste ano medíronse 63,9 litros/m2, todos eles nos primeiros dez días do mes, pero o mesmo mes do ano 1981 fora aínda moito mais seco con só 23,9 l/m2, recollidos en seis xornadas. Cómpre así mesmo destacar pola súa seca os dos anos 2012 (48 l/m2), 1989 (47 l/m2) e 1983 (44 l/m2). No lado oposto están os 546,2 l/m2 de xaneiro de 2001, ou os 499 l/m2 de 2014.

Naquel mes de xaneiro de 1981, na cidade de Santiago de Compostela houbo xeada en 19 xornadas, e en dez delas a temperatura mínima estivo por debaixo dos -2º, destacando os -4º3 do día 13. Con todo, o récord de temperatura mínima máis recente nun mes de xaneiro en Compostela mantense nos -5º1 do 3 de xaneiro de 1971, e o de menos choiva recollida nos 19,5 litros/m2 do mesmo mes de 1964.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A primavera comeza este mércores despois do cuarto inverno máis chuvioso do século XXI

Neste mes será posible observar con prismáticos o cometa 12P/Pons-Brooks, segundo o coordinador de investigación do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural

O outono comeza este sábado ás 8.50 horas

Na nova estación agárdase unha eclipse parcial de Lúa e choivas de estrelas como a das Xemínidas, unha das máis importantes do ano

As catro veces que o fenómeno se puido ver en Galicia nos últimos cen anos

A primeira do século aconteceu o pasado domingo, pero os ceos cubertos polo paso dunha borrasca atlántica impediron a súa visualización