Unha aplicación prevé en que concellos se estenderá a avespa velutina

A Universidade de Santiago, coa colaboración da Deputación da Coruña, lanza unha aplicación que permite prever en que concellos se estenderá a praga da avespa velutina, empregando datos estatísticos e un sistema de cartografía preditiva.

A aplicación foi desenvolvida polo investigador Luis Rodríguez Lado, que empregou as bases de datos de retirada de niños da vespa asiática para que o sistema informático poida facer unha predición do avance deste insecto.

Publicidade

O sistema foi desenvolvido ao abeiro do programa “Detección precoz da distribución potencial da avespa asiática en Galicia mediante algoritmos estatísticos automatizados sobre plataformas dixitais”. A aplicación ten en conta tamén os datos meteorolóxicos históricos de cada zona para facer as súas predicións, ademais da ubicación dos 20.000 avispeiros que a Xunta de Galicia ten rexistrados dende o ano 2014.

A nova aplicación utiliza 50 variables ambientais, ademais de definir as características de hábitat preferidas pola especie e así establecer áreas de potencial colonizador permitindo acometer estratexias anticipadas de intervención.

Publicidade

A avespa velutina está a provocar grandes perdas aos produtores de mel. Factores climáticos e a propagación da praga da vespa velutina explican a caída dun 40% da produción de mel nos bosques galegos este ano, aínda que en zonas da provincia de Ourense a caída elévase ata o 80%, segundo datos facilitados en setembro pola Asociación Galega de Apicultura (AGA).

 

Aquí podes acceder á nova aplicación sobre a avespa velutina

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estas son as catro guías que che permitirán descubrir a provincia da Coruña a través dos ollos dos locais

A iniciativa, impulsada pola Deputación e 20xvinte, comparte recomendacións de produtores, restauradores, axentes de viaxes e prescritores

Aliado natural contra a velutina en Galicia: cada parella de abelleiro europeo elimina ata 80 niños por tempada

Unha investigación con participación galega estima que a rapaz como servizo ecosistémico podería ter un valor de 6,4 millóns de euros anuais

Betanzos rende homenaxe ao seu pasado como capital galega do lúpulo

A segunda edición da festa, impulsada pola Deputación da Coruña, celebrará do 11 ao 13 de setembro a tradición con catas, 'showcookings', concertos e visitas aos campos de cultivo

Turismo sostible a través da identidade gastronómica e patrimonial: este é o proxecto ‘Os Fogóns do Anllóns’

A Deputación da Coruña completa dúas novas actuacións en Cabana de Bergantiños e Ponteceso para impulsar o plan enogastronómico