A praga da velutina crecerá este ano na Coruña e Pontevedra

O ano que acaba de comezar pode ser o da instalación definitiva da praga da vespa velutina nalgunhas comarcas galegas onde a sua presenza xa e moi importante. O estudo que realizou a Universidade de Santiago (co patrocinio da Deputación de A Coruña) prevé que a velutina non se expandirá demasiado a novos territorios (apenas un 4 por cento máis respecto a 2017) pero a aparición de niños pode multiplicarse especialmente en comarcas coruñesas como Ordes, Xallas, A Barcala ou Muros, onde a presenza da vespa asiática xa é moi importante.

Luis Rodríguez Lado, investigador principal deste proxecto no que se refire a expansión da praga, explica que a previsión metereolóxica de que o inverno sexa menos severo do que adoita ser e o adianto da primavera favorecerá a intensificación da praga nas comarcas citadas e noutras como Caldas de Reis, Pontevedra, Vigo e o Ribeiro nas que tamén houbo unha presenza importante da praga o ano pasado.

Publicidade

O modelo desenvolvido pola USC utiliza ata 50 variables ambientais

O modelo foi realizado en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e para facer o mesmo se empregaron tanto datos meteorolóxicos como información sobre a expansión da velutina en Galicia dende a súa aparición ata que se estendou por case todo o territorio galego (aínda que dun xeito desigual), con excepción do leste da provincia de Ourense. Neste enlace pode comprobarse a previsión de expansión da velutina para 2018 e 2019: webs-gis.cesga.es/velutina

O sistema desenvolvido pola USC utiliza ata 50 variables ambientais, ademais de definir as características do hábitat preferido pola especie e, deste xeito, establecer áreas de potencial colonizador.

Publicidade

“Non é tan fácil que a praga se estenda polo leste da provincia de Ourense polas características do clima nesta zona, con invernos moi fríos pero sí que pode intensificarse nas ribeiras do Miño”, indica o investigador, quen advirte tamén que a eficacia das trampas que os agricultores preparan contra a vespa e a retirada dos niños son recursos limitados para acabar coa praga.

“As medidas que se toman para limitar a expansión da praga so teñen un efecto local”

“Todas as medidas que se tomen son favorables para limitar a expansión pero o seu efecto é máis ben local porque é imposible conter deste xeito o avance da praga. Quizais habería que apostar máis pola investigación como están a facer en China, onde están avanzando no estudo das feromonas que atraen a este tipo de vespas, para tratar de combatilas”, sinala Rodríguez Lado.

O estudo realizado pola USC fai tamén unha proxección do que pode ocurrir no ano 2019, aínda que neste caso as previsións hai que tomalas aínda con maior prevención xa que dependerán moito da evolución da meteoroloxía ao longo deste ano. En todo caso se prevé unha intensificación da praga nas zonas costeiras e a expansión da velutina cara a algunhas zonas da provincia de Lugo, como a Terra Cha, e pola zona máis occidental de Ourense. A parte leste desta provincia seguiría sen recibir a chegada da velutina polas características da súa meteoroloxía xa comentadas.

Moitos dos efectos da expansión da velutina en Galicia aínda son descoñecidos pero un dos colectivos máis afectados son os apicultores que rexistraron importantes perdas de produción polos ataque que as velutinas fan sobre as abellas. O estudo feito pola USC en colaboración coa Deputación trata tamén de apuntar cales poden ser outras das consecuencias socioeconómicas da extensión da praga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa

O virus da encefalite transmitida por carrachas chega a Galicia: un estudo detecta anticorpos en animais

Un equipo da USC confirma a circulación do patóxeno, considerado unha ameaza de saúde pública pola gravidade dos síntomas neurolóxicos que pode causar

Un estudo da USC revela que a poboación española avalaría un endurecemento das medidas antitabaco

O artigo sinala que as propostas con menor apoio son a prohibición de fumar en terrazas e o aumento da idade mínima de venda ata os 21 anos

Unha investigación galega afonda nunha enfermidade con só 19 casos no mundo a través do peixe cebra

Un estudo da USC desenvolve un modelo animal co obxectivo de reproducir os síntomas da patoloxía multisistémica RFT1-CDG