Demostran como se minimiza o impacto ambiental cunha mellor xestión de residuos

O crecemento global da poboación e do seu poder adquisitivo xunto ao aumento nas taxas de urbanización supoñen serios desafíos para os sectores implicados na xestión de residuos, nun tempo en que os recursos naturais necesarios para satisfacer a crecente demanda de servizos son cada vez máis limitados. Esta situación pon de manifesto a necesidade de establecer patróns de produción e consumo sostibles, á vez que mitigar os seus efectos derivados e garantir a protección ambiental e a saúde humana.

Diante desta situación, Isabel Noya López investigou na súa tese de doutoramento distintas alternativas, en consonancia coa Estratexia Europea de Economía Circular, para o peche do ciclo dos refugallos do sector agrícola e urbano, mediante a súa transformación en novas materias primas. O traballo, titulado ‘Sustainability diagnosis of alternative technologies for the management of agri-food and urban waste’ dirixíronllo a profesora María Teresa Moreira e a doutora Sara González, do grupo de investigación de Biotecnoloxía Ambiental do Departamento de Enxeñaría Química (Biogroup).

Publicidade

A economía circular é un dos principais obxectivos das estratexias medioambientais europeas

Na súa tese aplicáronse os principios da metodoloxía de Análise de Ciclo de Vida a diferentes casos de estudo en materia de xestión de residuos, en combinación con outras ferramentas internacionalmente recoñecidas pola comunidade científica, como por exemplo o Proceso Analítico Xerárquico para a toma de decisión multi-criterio. Deste xeito, a participación social e a viabilidade económica intégranse conxuntamente cos resultados ambientais para axudar a resolver as limitacións da toma de decisión para a xestión dos residuos.

Isabel Noya comprobou na súa investigación que moitos dos impactos no medio ambiente xa foron minimizados grazas aos avances recentemente desenvolvidos no tratamento e valorización dos residuos sólidos. En concreto, os resultados comparativos poñen de manifesto a supremacía do tratamento aerobio de compostaxe como a alternativa máis sustentable, en liña coas iniciativas Europeas máis recentes.

Publicidade

Foto de familia do equipo que contribuíu á tese de Isabel Noya. Imaxe: USC.
Foto de familia do equipo que contribuíu á tese de Isabel Noya. Imaxe: USC.

on obstante, a xestión destes residuos aínda continúa sendo un desafío para a comunidade científica e a sociedade no seu conxunto. “É por iso que o espectro de tecnoloxías ha de seguir aumentando co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento económico, pero sen comprometer a calidade ambiental e o benestar público”, afirma a xa doutora.

Todo o traballo da investigadora reflectiuse en diversas publicacións así como nun total de 10 traballos en revistas científicas internacionais Q1 do JCR como Bioresource Technology (Factor de Impacto: 5.807), Journal of Cleaner Production (FI: 5.651), Journal of Environmental Management (FI: 4.010) ou Science of the Total Environment (FI: 4.610).

A tese é froito dun traballo internacional con universidades de Reino Unido, Bélxica, Kazajstán ou Italia

Ademais, para a elaboración da tese Noya mantivo unha constante cooperación con outros centros de investigación estatais e internacionais como as Universidades de Brunel (Reino Unido), Ghent (Bélxica), Nazarbayev (Kazajstán), degli Studi di Milano (Italia), Autónoma de Barcelona ou Inèdit Innovació (Barcelona).

O tribunal que avaliou o traballo estivo formado polo catedrático de Enxeñaría Química da USC Gumersindo Feijoo, a catedrática de Enxeñaría Química e Biomolecular da Universidade de Cantabria Raquel Ibáñez Mendizábal e a investigadora post-doutoral do Departamento de Enxeñaría de Medio Ambiente da Escola Superior Agraria de Coimbra Celia María Dias Ferreira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo método obtén penso saudable para peixes de acuicultura a partir de restos da industria cervexeira

O CSIC elabora alimento para douradas de cultivo a partir de microalgas que aproveitan minerais e nutrientes derivadas da elaboración de cervexa, o que pode reducir a sobrepesca

A segunda vida da roupa: a colaboración galega que transforma residuos téxtiles en decoración

Un equipo da UDC e unha 'start up' de Bergondo desenvolven novos materiais con descartes procedentes da industria

Gumersindo Feijoo: “Os nosos fillos e netos vivirán menos se abandonan a dieta atlántica”

O catedrático de Química da USC e director científico do CRETUS ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

Da pandemia á economía circular: así nace o proxecto REHEAL para reducir os residuos sanitarios

O SERGAS participa xunto a outros sistemas europeos nun consorcio que impulsa cadeas de subministración máis sostibles