Unha masa de aire ártico afunde as temperaturas en Galicia na fin de semana

A circulación do vento do norte e unha fronte feble causarán chuvascos intermitentes entre venres e domingo, cando se comezará a recuperar a influencia anticiclónica

Galicia vivirá durante a terceira fin de semana de maio un cóctel de frío e neve que afundirá as temperaturas, que acadarán valores moi baixos para esta época do ano: as máximas non superarán os 20 graos e as mínimas caerán ata os cinco. A principal responsable deste escenario é a chegada dunha masa de aire ártico marítimo que conxelará a madrugada do venres ao sábado. A ela súmase a circulación do vento do norte e unha fronte feble, que deixará chuvascos intermitentes en case todo o territorio. O domingo espérase un lixeiro aumento das temperaturas, e a partir do vindeiro martes collerá máis forza o anticiclón dos Azores, que traerá estabilidade a Galicia na recta final da vindeira semana.

Madrugadas moi frías

A masa de aire ártico provocará que a cota de neve descenda aos 1.400 metros e as temperaturas non superen os 19 graos na metade sur de Galicia e os 16 no norte. Xunto ao vento do norte e os restos dunha fronte, agárdase unha xornada moi fría para esta época do ano, con ceos nubrados e chuvascos intensos no norte. Segundo informan dende Meteogalicia, a situación será máis estable conforme avance o día, malia que os valores se manterán sen cambios significativos. Os refachos poderán ser fortes nas Rías Baixas e moderados en xeral.

Publicidade

A madrugada do venres ao sábado será extremadamente fría para esta época do ano, e o escenario manterase en condicións semellantes ás do día anterior. Unha fronte pouco activa cruzará Galicia pola mañá, e o anticiclón dos Azores comezará a asomar timidamente. Así, espéranse chuvascos febles, máis probables no norte e no oeste, que se irán reducindo conforme avance o día. Non haberá cambios nas temperaturas, que se manterán en valores baixos para maio e non superarán os 20 graos en ningún punto de Galicia. As mínimas estarán arredor dos cinco.

O anticiclón recupera a súa forza

O anticiclón irá gañando forza a partir do domingo, malia que aínda se rexistrarán chuvascos febles na primeira metade do día. A partir de comezos da vindeira semana, a estabilidade retomará o seu peso en Galicia. O martes espérase unha xornada de transición cara ás altas presións, que dominarán a partir do mércores. Por tanto, a segunda metade da semana espérase tempo solleiro, seco e cun importante aumento das temperaturas, que poderán rexistrar valores próximos aos 27 graos entre xoves e venres.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia activa o sistema de alerta ante episodios de calor tras un mes de maio “moi cálido”

O último informe de Meteogalicia recolle o evento extraordinario de altas temperaturas rexistrado durante o mes pasado, que deixou máximas de 37,5 graos en Ourense

Que é o pantano barométrico? O fenómeno detrás da ausencia de vento en días de calor récord en Galicia

As temperaturas están nunha tendencia á baixa, pero algunhas zonas de Lugo e Ourense permanecerán en alerta amarela pola calor

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un anticiclón subtropical afecta Galicia con máximas de 36 graos e con calor prevista ata inicios de xullo

MeteoGalicia advirte dun forte ascenso térmico en toda a comunidade e da posible aparición de tormentas no interior