Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

O tempo solleiro e as elevadas temperaturas dos últimos días dan paso ás fortes treboadas. Galicia vivirá este martes unha xornada de profunda inestabilidade a causa dunha dina situada ao oeste da península. O embolsamento de aire frío en altura, xunto a un Atlántico máis cálido do normal, provocará chuvias intensas no interior da comunidade, sobre todo pola tarde, que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia. De feito, Meteogalicia acende a alerta laranxa no interior da Coruña e no centro de Lugo por fortes tormentas entre as 18 e as 21 horas. O aviso amarelo tamén estará activo por treboadas nas provincias de Ourense e Lugo, e no interior e Miño de Pontevedra. A inestabilidade continuará durante o mércores, pero sen avisos activos.

En concreto, as zonas afectadas pola alerta laranxa son 33 concellos da Coruña: Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfeo, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar. O aviso laranxa afecta outros 27 municipios en Lugo: Abadín, Begonte, Castroverde, Cospeito, Guitiriz, Láncara, Meira, Muras, Palas de Rei, O Páramo, Pol, Rábade, Sarria, Xermade, Antas de Ulla, Castro de Rei, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Monterroso, Outeiro de Rei, Paradela, A Pastoriza, Portomarín, Riotorto e Vilalba.

Publicidade

Volta do anticiclón

A inestabilidade atmosférica continuará durante a xornada do mércores, coa chegada dunha fronte atlántica que deixará chuvias máis intensas e persistentes na metade norte. O anticiclón irá gañando terreo de cara ao xoves, cando colla forza e se espere unha circulación marcada do nordés. A situación durante o venres será semellante, con tempo seco e solleiro, e con temperaturas máximas que oscilarán entre os 20 e os 25 graos nas principais cidades galegas. Agárdase que as altas presións manteñan a súa influencia a partir do venres, con baixa probabilidade de precipitación e temperaturas propias desta época do ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dun anticiclón a ondulacións do chorro polar: unha dina pechará a semana en Galicia

O sábado caen as temperaturas, tanto as máximas, que non superarán os 20 graos na maior parte do territorio galego, como as mínimas, que acadarán os 9 no interior

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual