Unha borrasca fará que Galicia viva un Nadal con chuvia e vento

As choivas continuarán sendo as protagonistas nestas festas. Aínda que as temperaturas rozarán os 18 graos nalgúns puntos do país

As chuvias serán as protagonistas durante a penúltima semana do ano en Galicia, que arrincou cun temporal de vento, choiva e ondada e que concluirá nunha fin de semana de festas do Nadal pasadas por auga.

Así figura nas predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, que sitúa a Galicia como a única comunidade na que se esperan precipitacións para esta fin de semana do 24 e 25 de decembro, que coincide coa celebración da Noiteboa e do Nadal. O portavoz da AEMET, Rubén do Campo, sinala que dende o xoves as precipitacións restrinxiranse ao noroeste peninsular.

Publicidade

Dese modo, prevé que desde este xoves e o primeiro fin de semana das festas do Nadal as choivas afectarán a Galicia, sobre todo ao oeste da comunidade e a algúns puntos de Asturias e do oeste de Castela e León, especialmente en zonas montañosas.

En canto ás temperaturas, Do Campo prevé que o inicio da semana non terá xornadas moi frías para a época e apenas haberá xeadas, que se restrinxirán ás zonas de montaña. Os días serán “relativamente tépedos” e mesmo se alcanzarán ou superarán os 20 graos centígrados (ºC) na área mediterránea, sobre todo en Noiteboa e Nadal.

Publicidade

Nese sentido, o voceiro prognostica un inicio de festas do Nadal nin moi frío nin especialmente chuvioso, agás en Galicia, nin, por suposto, tampouco fará acto de presenza a neve.

https://twitter.com/AEMET_Galicia/status/1605854835777179648

Ao longo da semana formaranse bancos de néboa en amplas zonas do interior, sobre todo preto dos grandes ríos e en puntos das mesetas, bancos de néboa que nalgúns casos serán persistentes e, nesas zonas o ambiente será frío toda a xornada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Do chorro polar ás dinas: as claves do drástico cambio de tempo en Galicia a partir do mércores

A influencia anticiclónica debilitarase na segunda metade da semana coa previsión de ceos nubrados, temperaturas suaves e chuvascos ocasionais

Catro días de incógnita

Días antes da eclipse do 12 de agosto, a meteoroloxía e a nubosidade seguen a ser as preguntas máis frecuentes para asegurar a observación. Por Andrea Veiga