Unha análise de sangue predí o alzhéimer anos antes dos primeiros síntomas

Un equipo da Universidade de Washington deseña un novo método de detección, capaz de identificar un precusor molecular da doenza

Investigadores de Estados Unidos acaban de desenvolver un novo tipo de análise de sangue que pode detectar o alzhéimer anos antes de que aparezan os primeiros síntomas de perda de memoria ou confusión. Se os próximos estudos e ensaios dan bos resultados, esta nova proba podería acelerar considerablemente o diagnóstico dunha doenza que afecta a máis de 70.000 galegos —un número que tamén contempla as persoas con outro tipo de demencias—. De validarse esta nova análise de sangue, isto permitirá dar unha resposta axeitada moito antes de que a enfermidade progrese, segundo informan dende o portal de noticias científicas ScienceAlert.

Máis polo miúdo, este novo método de detección está deseñado para identificar un precusor molecular no sangue que pode facer que as proteínas se preguen de forma irregular e se aglutinen no cerebro, formando placas de beta amiloide. Ditas placas son un dos sinais máis distintivos do alzhéimer, pero o seu papel na deterioración cognitiva é incerto. O que se sabe ata o momento é que este tipo de placas consideráronse un desencadeante temperán da disfunción e perda de neuronas que, en última instancia, conduce á deterioración cognitiva.

Publicidade

Porén, hai estudos recentes que demostraron que as placas beta amiloide só están presentes nun terzo de pacientes con alzhéimer e, en ocasións, tamén se detectan no cerebro de persoas que non teñen ningún tipo de déficit cognitivo. Noutras palabras, estas placas non son necesariamente tóxicas, senón que poderían proceder de toxinas moleculares difíciles de detectar. Hai estudos que ratifican que ditas toxinas poden ser versións funcionais das placas beta amiloides que se atopan dentro das células e que, dalgunha maneira, poden danar as neuronas dende lonxe, favorecendo que as células estean predispostas á formación de placas e gromos.

Máis de 300 participantes

Malía que os científicos da Universidade de Washington, que lideraron o estudo, aínda están investigando, a súa hipótese levounos a realizar un ensaio de unión destas tóxinas que parece moi preciso. Apodárono SOBA e probárono primeiro no plasma de 310 participantes. Algúns deles presentaban deterioración cognitica leve ou alzhéimer, mentres que outros tiñan unha boa saúde cognitiva. Ao medir as toxinas asociadas ás placas beta amiloide no plasma sanguíneo, a análise identificou aos 53 participantes con alzhéimer que, posteriormente, demostrouse que padecían a doenza.

Publicidade

No que respecto ao grupo de control, SOBA detectou as tóxinas nas mostras en 11 individuos e 10 deles foron diagnosticados posteriormente con deterioración cognitiva leve ou alzhéimer. “O que os médicos e investigadores querían era unha proba diagnóstica diable da doenza, e non só un ensaio que confirmara o diagnóstico, senón que tamén puidera detectar sinais da enfermidade antes de que se producira a deterioración cognitiva”, indica a investigadora Valerie Daggett, da Universidade de Washington. “Este achado non só é importante para a saúde das persoas, senón para toda a investigación sobre como os tóxicos de beta amiloide causan o dano que causan. O que demostramos aquí é que o SOBA pode ser a base desa proba”, continúa dicindo a investigadora.

Segundo matizan os autores do estudo, esta análise pode ir máis alá da detección do alzhéimer, posto que non é a única enfermidade marcada por este tipo de tóxicos. As proteínas que se pregan mal tamén parecen estar asociadas ao párkinson, á diabetes tipo II e a outros tipos de demencia, polo que SOBA podería adaptarse nun futuro como proba para detectar marcadores temperáns destas e doutras enfermidades.


Referencia: SOBA: Development and testing of a soluble oligomer binding assay for detection of amyloidogenic toxic oligomers (Publicado en PNAS)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O comezo dunha nova era na prevención do alzhéimer

A aprobación das análises de sangue para detectar a enfermidade de forma temperá representa un fito na medicina neurolóxica

Tatuaxes para medir a glicosa: adeus ás picadas para os diabéticos

O desenvolvemento de tecnoloxías baixo a pel abre un novo horizonte de tratamento de doenzas como a diabetes ou a prevención de cancros

Os científicos avisan sobre o considerable aumento de casos de párkinson que se aveciña

Un estudo indica que España será o cuarto país no mundo con maior número de doentes co trastorno neurodexenerativo no ano 2050

Se tes diabetes, tes máis probabilidades de infección por bacterias resistentes aos antibióticos

Un estudo en ratos demostra que un mal control da glicosa crea unha contorna favorable para a proliferación de microorganismos patóxenos