Un tren de frontes atlánticas traerá chuvias intensas e fortes ventos a partir do xoves

Galicia esquiva o peor temporal da borrasca Laurence, pero na recta final da semana chegará outro potente sistema de baixas presións

Laurence. Ese é o nome da borrasca que entrou o domingo polo suroeste peninsular e que deixará abundantes chuvias en Andalucía, Estremadura, centro de España e Levante. Galicia esquivará o peor prognóstico deste sistema de baixas presións, que só provocará chuvascos ocasionais na mañá deste luns nas provincias do sur. O prato forte da semana virá a partir do xoves, cando un tren de frontes atlánticas asociado a unha borrasca localizada ao oeste de Lisboa cause temporal marítimo, refachos de ata 110 km/h e intensas chuvias. Non se prevén cambios ata o luns 24, con probabilidades de chuvia diarias de ata o 90%.

O radio de acción de Laurence está afastado de Galicia, polo que a súa influencia será feble e tan só provocará certa inestabilidade durante este luns e un ascenso moderado das temperaturas mínimas. Os ceos estarán cubertos na meirande parte do territorio e as precipitacións, máis probables durante a xornada de mañá, daranse sobre todo na zona sur de Galicia. A situación de inestabilidade continuará o martes, coa entrada dunha nova fronte que causará chuvascos illados pola tarde, sobre todo no interior.

Publicidade

Da transición ao temporal

Segundo o prognóstico da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o mércores será un día de transición entre dúas borrascas: Laurence e outro sistema de baixas presións que aínda non foi nomeado. Non obstante, agárdase que traia máis chuvias, sobre todo ao oeste peninsular. Tal e como prevé Meteogalicia, o mércores será unha xornada de tempo cambiante, con precipitacións que poden ser de intensidade moderada no sur e no oeste. As chuvias volverán coller forza na madrugada do xoves, coa entrada dunha fronte asociada á borrasca situada no Atlántico e que lle collerá o relevo a Laurence.

Diferentes servizos de meteoroloxía apuntan a un aumento da inestabilidade a partir do xoves. O prognóstico coincide co de Meteogalicia, que anuncia a influencia das baixas presións na recta final da semana, o que provocará abundantes precipitacións entre xoves e domingo. Dende o portal Meteored tamén prevén fortes ventos, de ata 110 km/h e temporal marítimo. O certo é que, segundo os primeiros avances, haberá probabilidade de chuvia do 90% ata, como mínimo, o vindeiro luns. As temperaturas serán moi suaves debido aos ventos do sur.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual