Un río atmosférico pon fin á calor en Galicia: caen as temperaturas e actívase a alerta por chuvia

O clima outonal inaugúrase este venres pola entrada dun centro de baixas presións que baixará as máximas ata sete graos

O tempo estable e seco en Galicia despídese polo momento. Os récords de calor que se acadaron os primeiros nove días de outubro eran unha anomalía climática e, polo de agora, pode afirmarse dende o punto de vista climatolóxico que o clima outonal se inaugura este venres. Un río atmosférico afectará a toda a península e, segundo explican dende MeteoGalicia, todo o que non choveu nas últimas semanas virá “de golpe”. Segundo a Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA polas súas siglas en inglés), os ríos atmosféricos son rexións relativamente longas e estreitas da atmosfera que transportan a maior parte do vapor de auga fóra dos trópicos. O que provocará que este venres as máximas se esborrallen ata sete graos e nalgúns puntos da comunidade se active a alerta por chuvia e vento.

A ausencia do bloqueo anticiclónico provoca que quede “aberta a porta” para o paso de sucesivas borrascas atlánticas. En primeiro lugar, a fronte de baixas presións que afecta este venres a Galicia se atopa cun aire moi cálido, arrastra humidade, e deixará unha xornada de intensas chuvias. Pola tarde, as precipitacións remiten no noroeste e choverá de maneira ocasional. Está activada a alerta amarela por chuvias na Coruña e Pontevedra e por ventos na Costa da Morte. Xa o sábado, a inestabilidade atmosférica tómase unha pausa dun día. Un anticiclón que entra polo noroeste dará cobertura a toda Galicia durante esta xornada, puidendo chover unicamente na Mariña, en Lugo. Será un día de vento do nordés, cun tempo seco e con tendencia á apertura de claros pola tarde.

Publicidade

O domingo volve un novo centro de borrascas que descargará chuvias pola tarde. As baixas presións entran polo oeste e deixarán unhas precipitacións máis xeneralizadas e persistentes. As temperaturas máximas oscilarán arredor dos vinte graos. Os termómetros de Ourense poderán marcar 23 graos e Vigo 22. Isto será o prólogo da vindeira semana, cando é posible a entrada un tren de borrascas. As altas presións situaranse sobre as Illas Británicas, máis ao norte. Isto bloqueará as baixas presións, o que fai dirixir as borrascas a Galicia de cara ao próximo luns.

A vindeira semana de outubro traerá un tren de borrascas á península

Publicidade

Sen dúbida, agárdase que a vindeira semana sexa de tempo moi revolto. O martes poderiamos atoparnos en baixas presións cos ceos cubertos como protagonistas. Ao longo da semana, é posible que sigan baixando progresivamente as temperaturas. Despois da xornada do sábado, marcha a calor de Galicia tras moitos días de estabilidade e de dúas fins de semana consecutivas por riba dos 30 graos. O río atmosférico despraza o tempo seco e cálido e inaugura, definitivamente, o clima outonal que caracteriza a Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño

▪️ O episodio de calor dispara os termómetros: toda Galicia rexistrará máximas por enriba dos 30 graos

MeteoGalicia activa avisos amarelos que afectarán especialmente no interior, onde tamén se agardan tormentas localmente fortes con sarabia

Unha dorsal africana rompe os termómetros e as temperaturas acadarán os 30 graos en Galicia

O ascenso dos graos impulsará valores estivais no interior e nas Rías Baixas, con ambientes máis calorosos durante as horas centrais do día

Galicia rexistrou o cuarto abril máis seco da serie histórica

MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi de 35 litros por metro cadrado, que é un 69% inferior ao frecuente neste período