Un misterioso animal aparece nas praias de Arousa: que é e por que non se viu antes?

A investigadora da UVigo Elsa Vázquez afirma que non é "inusual" atopar a estas criaturas en Galicia xa que habitan nas costas

A pasada tarde do domingo uns bañistas contactaron co servizo de Emerxencias de Vilagarcía de Arousa. Camiñaban pola praia do Preguntoiro, en Vilaxoán de Arousa, cando atoparon a un estraño animal. Ninguén soubo identificar de que se trataba. Cando chegaron, os efectivos confirmaron que era una lebre de mar ou tamén coñecida como ‘chocho de vieja”, un animal totalmente inofensivo que hai que devolver ao mar. Curiosamente, estes seres mariños deixáronse ver tamén ao longo da fin de semana na beira da praia das Sinas —como mínimo tres — , en Vilanova de Arousa. Os seus habitantes recoñecen que é a primeira vez que os ven. Que di a ciencia sobre estas aparicións?

A experta en moluscos da Universidade de Vigo (UVigo), Elsa Vázquez, explica que non é “inusual” que nas costas galegas aparezan varados estes animais. Viven en zonas rochosas e a pouca profundidade. A explicación que dá a investigadora sobre este suceso é que poderon morrer subitamente, ser arrastrados pola ondada ou polas fortes correntes. Nos últimos meses a temperatura do mar acadou récords con valores que, como recoñecen os expertos, poñen en perigo a biodiversidade mariña. Con todo, non se pode confirmar que as lebres de mar aparezan nestas circunstancias polas altas temperaturas da auga.

Publicidade

Unha praia en Cádiz encheuse de lebres de mar a semana pasada

“De momento, non lle daría importancia. Se empezan a aparecer moitas na praia pois si que sería un problema”, alega. É o caso da praia de Santa María do Mar, en Cádiz, onde vararon de maneira masiva a semana pasada. Tamén era unha especie descoñecida para os seus bañistas. De momento, aínda non hai unha explicación sobre o sucedido con este molusco. No caso de Galicia, explica Vázquez, a lebre de mar é típica dos fondos mariños. Non son perigosas, co cal, de atopalas, hai que recollelas e devolvelas ao mar.

As que se identificaron en Vilanova de Arousa aínda respiraban. Este molusco ten unha apariencia viscosa, mide uns 20 centímetros e pode ser de cor negro, marrón ou amarelo. Os que se viron en Galicia son escuros. Non pica, nin fai dano algún, pero poden segregar unha substancia branca cando son molestados por outro animal. “Os que mergullan as augas si que se atopan con lebres de mar”, conta a investigadora. Este molusco atópase en fondos cubertos de vexetación ata uns 20 metros de profundidade. É capaz de soportar amplias variacións de temperatura e salinidade e son exclusivamente hervíboros.

Publicidade

  1. Eu estou con Víctor, se non o paramos, o españolismo vainos engulir e nunca máis seremos un país ceibe.
    A LOITA CONTINUA IRMANS.

  2. Imos ver, as lebres de mar (conas de vella na Ría de Muros e Noia) son moi comúns na costa galega. O asombroso é que sexa noticia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vinte graos en maio

O clima aumenta a temperatura do mar en Galicia ata acadar valores anómalos no mes de maio. Por Andrea Veiga

Que nos di a escuma do mar da saúde das praias?

O fenómeno xérase pola axitación producida pola forza das ondas e dos ventos que, ao combinarse coa materia orgánica disolta, forma unha dispersión de auga e burbullas de aire. Por Gumersindo Feijoo Costa

A tropicalización do mar muda o ecosistema: Galicia rexistra xa 50 especies exóticas dende 1945

O investigador Rafael Bañón apunta a que o quecemento favorece a chegada de peixes pouco habituais como o peixe porco ou a rémora azul

Pódcast | Como coidar o planeta con algoritmos verdes

As investigadoras do CITIC Amparo Alonso e Bertha Guijarro analizan os custos ambientais dos grandes modelos de intelixencia artificial