Un estudo constata que as cegoñas xa están a construír os seus niños con plástico

O proxecto PlastickStork, coordinado por investigadores da USC, analizou a presenza de polímeros sintéticos na contorna da 'Ciconia ciconia', constantando que tamén forman parte da súa dieta

O plástico é omnipresente ata na natureza. Podémolo atopar en calquera lugar: nas tullas, no campo ou nas estradas. Proveñen tanto dos residuos da agricultura como dos xerados nos núcleos máis urbanos. Nestes lugares a ceñoga branca (Ciconia ciconia) tende a recoller materiais para a construción ou acolchado do interior do seu niño. Debido a esta circunstancia, a posibilidade de presenza de plásticos nos niños destas aves é moi elevada e como consecuencia estes residuos poden ser inxeridos tanto polos pitos, como polos individuos adultos.

Co obxectivo de coñecer a situación actual da cegoña en Galicia, distintos organismos como Amigas das Cegoñas, unha asociación de ciencia cadadá, en colaboración con Ecoloxistas en Acción Ourense e baixo o apadriñamento de Libera de Ecoembes e SEO/BirdLife, puxeron en marcha o proxecto PlastickStork.

Publicidade

Os datos recollidos durante a duración da campaña foron analizados pola investigadora Zulema Varela Río e Sergio Vila Tojo, ambos do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS), pertencente á Universidade de Santiago de Compostela.

Parte da dieta

Durante a duración do proxecto, investigaron a presenza dos plásticos na contorna das cegoñas dende dous puntos de vista distintos, un máis biolóxico e outro máis social, para poder atopar unha resposta ás seguintes preguntas: Están as cegoñas empregando plásticos para a construción dos seus niños? Poderían inxerilos? E, de ser así… Que tipo de plásticos se poden atopar nos seus niños e nas bólas formada por restos de alimentos non dixeridos que regurxitan?

Publicidade

Os resultados do proxecto desvelaron que os plásticos e microplásticos forman parte dos materiais que empregan as cegoñas para a construción dos seus niños, e accidentalmente rematan tamén na súa dieta. 

A cegoña é unha especie xeralista, polo que a súa dieta baséase no alimento dispoñible ao seu redor, e hoxe unha das fontes de alimento máis típicas para elas é o lixo producido polos humanos, o cal inclúe sen dúbidas o plástico.

O proxecto non ten só unha finalidade científica ou de investigación, senón que tamén procura concienciar sobre a cantidade de residuos sólidos que xeramos os seres humanos e a afección que estes teñen no ambiente.

Podes consultar o informe completo na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo