Un domo de calor trae a Galicia temperaturas superiores aos 30 graos nos primeiros días de xullo

O anticiclón e o nordés serán as claves de que os valores sexan máis cálidos do normal, ben diferenciados entre o norte e o sur

Pontevedra amence o luns 29 de xuño con temperaturas superiores aos 20 graos. A estación de Tremoedo, en Vilanova de Arousa, rexistrou 21,5ºC ás 9:50 horas. Así, Galicia dá a benvida a unha semana que, segundo o European Centre for Medium-Range Weather Forecasts (Ecmwf), rexistrará unha anomalía de temperaturas de ata 6 graos, concentrada sobre todo na metade sur da comunidade. A causa dos altos valores será un novo domo de calor que podería disparar as temperaturas a partir do domingo 5 de xullo, un fenómeno no que o aire cálido queda atrapado baixo unha grande área de altas presións, comprimíndose e quentándose, tal e como explican dende o portal meteorolóxico Meteored. Podería vir acompañado, ademais, dunha pequena dina ao oeste peninsular, o que reforzaría a calidez no ambiente.

MeteoGalicia informa a través do seu perfil de X de que o anticiclón e o nordés serán as claves de que a calor asente no territorio. Ademais, estas condicións activarán o afloramento en augas costeiras, polo que a temperatura do mar será máis fresca. Mentres, na Mariña lucense predominarán as nubes baixas. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) resume como será a situación en Galicia durante a próxima semana: “Máis cálida do normal, especialmente na metade sur; Máis seca do normal agás na Mariña, onde será normal”.

Publicidade

Así, no comezo de xullo, as temperaturas tenderán á alza. O día 2 iniciará a calor intensa: Ourense, Vigo e Pontevedra superarán os 30 graos. A cidade olívica chegará aos 34ºC segundo a previsión da axencia galega, o mesmo valor que se acadará en Ourense a pesar da influencia termorreguladora do mar. Pola súa banda, Santiago de Compostela chegará aos 28ºC. Con todo, farase evidente a diferenza térmica entre norte e sur: A Coruña e Ferrol rexistrarán 25ºC e Lugo, 24ºC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro