Un tren de borrascas tomará o relevo ao frío intenso en Galicia a partir da próxima semana

Unha masa de aire polar é a responsable do drástico descenso das temperaturas, coa mínima de -9,1 graos en Calvos de Randín

O frío intenso dos últimos días, inusual para esta época do ano, ten os días contados en Galicia. Os modelos xa prognostican a chegada dun tren de borrascas con ventos do suroeste e fortes precipitacións a partir da vindeira semana. É dicir, unha situación meteorolóxica que non se repite dende finais de xaneiro. Os patróns comezan a fortalecerse e todo apunta a que a próxima semana estará marcada pola inestabilidade. Así o expoñen diferentes servizos de meteoroloxía e así o explica David Domínguez, de Redmeteo, a través da súa canle de Twitter.

Masa de aire polar

De momento, o frío intenso predominará en Galicia este martes. A responsable deste episodio é unha masa de aire polar que procede do interior de Europa e que está a provocar un inusual descenso das temperaturas para esta época do ano, xa máis preto da primavera que do inverno. As mínimas son as que están a esperimentar unha baixada máis acusada, como demostran os -9,1 graos que se rexistraron esta noite en Calvos de Randín. Por tanto, a previsión para este martes mantense cun tempo estable pero moi frío.

Publicidade

O escenario comeza a cambiar a partir deste mércores. A masa de aire polar comeza a retirarse, o que permitirá que aumenten lixeiramente as máximas. Segundo informan dende Meteogalicia, este mércores volverá a inestabilidade, con chuvascos ocasionais que serán máis xeneralizados pola tarde. O frío seguirá predominando nalgunhas áreas de Galicia. De feito, está activado a aviso amarelo por baixas temperaturas no sur de Ourense e nas montañas de Lugo e Ourense.

Dende o servizo Meteored explican que o 1 de marzo será o primeiro día da primavera climatolóxica pero o ambiente continuará a ser “moi frío”. A borrasca Juliette, que se formou estes días no Mediterráneo, retirarase finalmente. Porén, “descolgarase un pequeno embolsamento de aire frío en altura sobre o norte peninsular”. Ao parecer, irase desprazando cara ao Mediterráneo, provocando chuvascos irregulares de oeste a este. Porén, o frío non será tan intenso e a cota de neve xa se situará arredor dos 500-800 metros.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aparecen máis de 2.000 araos papagaios nas praias galegas afectados polas borrascas

A compoñente suroeste do temporal marítimo no Atlántico produciu a chegada de aves, localizadas entre as Rías Baixas e o sur da Costa da Morte

Baltasar Merino, o pioneiro da meteoroloxía galega que estudou as borrascas para evitar naufraxios

O xesuíta quedou consternado tras a morte de 105 mariñeiros en Portugal a causa dun temporal e propuxo que os patróns levasen barómetros nos barcos para anticiparse ás tormentas

Unha masa de aire polar marítima ameaza o Entroido: da tregua do sábado á volta das chuvias o domingo

A vindeira semana estará marcada por un ambiente moi húmido e por probabilidades de precipitación que acadarán o 90%

Activada a alerta vermella na costa da Coruña por ondas de máis de oito metros

Meteogalicia acende o máximo aviso para o mércores, o laranxa para o resto do litoral e o amarelo en terra por abundantes precipitacións