Galicia arrinca agosto cun descenso das temperaturas e máis risco de chuvias

As precipitacións superan o 50% de probabilidade ata o xoves no norte, mentres as Rías Baixas recuperarán temperaturas próximas aos 30ºC cara á fin de semana

Agosto comeza con temperaturas en descenso en Galicia. Así, a península será o obxectivo de tres vaguadas, zonas de baixas presións que propiciarán unha entrada do aire frío e o desenvolvemento de fortes tormentas. Segundo anuncia MeteoGalicia a través do seu perfil de X, a chuvia rexistrada nas primeiras horas do luns 3 de agosto na comunidade están asociadas a unha fronte cálida que marcha de Galicia polo norte de Lugo. Con todo, aínda que a mañá sexa seca, pola tarde os protagonistas serán os chuvascos asociados a unha fronte fría moi pouco activa.

A previsión da axencia meteorolóxica galega apunta a ceos nubrados e unha baixada térmica, cunha probabilidade de chuvia superior ao 50% na Coruña, Ferrol e Lugo que se manterá ata o xoves. Pola contra, nas Rías Baixas estas cifras descenden ata o 5% e as temperaturas serán máis estables cara á fin de semana, acadando ata 30ºC en Pontevedra e Vigo.

Publicidade

Pese a esta tendencia, a Axencia Estatal de Meteoroloxía anuncia que existe un perigo extremo de incendios en boa parte da península. O risco é elevado na metade leste da comunidade, sobre todo en determinados puntos do interior da provincia de Ourense e o sur de Lugo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro