Un incendio sobre unha montaña nevada? Non todo é o que parece

O vídeo viralizouse en redes sociais polo sorprendente impacto visual, mais un experto explica que non é lume e achega a visión científica

Unha montaña nevada ardendo? Non é lume aínda que o pareza. E ten unha explicación científica. Así o explicou o físico e investigador da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) Juan Jesús González Alemán na súa canle de Twitter, en alusión a un vídeo que se fixo viral nos últimos días e que mostraba, precisamente, o que parecía un incendio sobre unha montaña nevada. Segundo explicou o experto a través dun timelapse, é un fenómeno relativamente común. O que se ve, dende logo, non é lume, senón vapor de auga que ascende pola interacción coa montaña. Logo arrefríase ao entrar en contacto con menores presións e condénsanse formando o que se denomina “nube bandeira”. Pero… Por que o vapor de auga ten tons alaranxados? Pola luz solar, que crea este curioso efecto visual.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024

O lume a vista de paxaro: descubre como se combate un incendio dende o helicóptero

A conta da rede social X da Xunta de Galicia dedicada á prevención fronte ao fogo publica un vídeo sobre como loitan os medios aéreos contra as lapas

Así funciona a nova aplicación gratuíta para alertar dos lumes en Galicia

A Xunta presenta melloras tecnolóxicas como o lanzamento dun sistema de avisos cidadán e a incorporación de intelixencia artificial á rede de videovixilancia

Cal é o risco de incendio no teu concello? Descúbreo no novo mapa interactivo da AEMET

A ferramenta en liña combina variables meteorolóxicas con parámetros sobre o estado real do territorio para anticipar o perigo de incendios