Nunca o ser humano viviu con tanto CO2 na atmosfera coma o pasado sábado

Rexistran por primeira vez máis de 415 partes por millón de dióxido de carbono, un récord desde que o ser humano habita o planeta

O 11 de maio de 2019 marca outro fito do efecto antrópico sobre o medio ambiente. Despois de que a gran maioría dos últimos anos fosen os máis calorosos desde que o ser humano toma medidas da temperatura, supérase unha nova barreira. O Instituto de Investigación Scripps, da UC San Diego, en California, detectou no observatorio que ten en Mauna Loa (Hawai) o nivel máis alto de CO2: 415,26 partes por millón (ppm).

“Esta é a primeira vez na historia humana que a atmosfera do noso planeta ten máis de 415 ppm de CO2. Nunca, desde que os humanos modernos existen, hai millóns de anos. Non coñecemos un planeta como este”, escribiu o meteorólogo da universidade de Minnesota Eric Holthaus.

Publicidade

O crecemento é notorio nos últimos anos. Os anteriores rexistros (400 ppm e 410 ppm) batéronse en setembro de 2016 e abril de 2017. O novo fito xa era de agardar, tendo en conta o incremento do efecto invernadoiro e as emisións en partes do planeta que aínda non subscriben os acordos climáticos.

Desde o instituto Scripps confirmaron este luns o rexistro, toda vez que se contrastaron algunhas medicións que adiantaban, de ser exactas, que a superación do umbral xa tivera lugar o pasado 3 de maio. Porén, agora non hai dúbidas.

Publicidade

“O incremento desde o ano pasado sexa probablemente de arredor de 3 ppm, aínda que a media recente é de 2,5: probablemente estamos vendo que o efecto de El Niño se suma ás constantes emisións de combustibles fósiles”, expón Ralph Keeling, director do programa Scripps CO2.

As comparacións son salientables. En 1900, o CO2 atmosférico situábase en 300 partes por millón, sendo xa cifras máis altas que nos 800.000 anos anteriores, debido ao exponencial incremento debido á Revolución Industrial.

Os gráficos recollidos polo instituto Scripps evidencian este aumento vertixinoso. A gráfica recolle os niveis de CO2 desde hai 10.000 anos.

https://scripps.ucsd.edu/programs/keelingcurve/wp-content/plugins/sio-bluemoon/graphs/co2_10k.png

As numerosas e reiteradas chamadas de atención dos científicos apenas tiveron efecto, por agora, na redución efectiva destas emisións, polo que seguen notándose o maior impacto do efecto invernadoiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cales son as principais ameazas para a saúde global? Estes son os 17 retos para o século XXI

O Comité da prestixiosa revista médica ‘The Lancet’ identifica os riscos que poderían comprometer a supervivencia das vindeiras xeracións ata 2100

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade