Semana de contrastes en Galicia: do tempo cálido con chuvia a días solleiros e fríos

Nas primeiras xornadas a comunidade estará baixo a influencia das baixas presións. O xoves será o día de transición para dar paso a estabilidade atmosférica

Galicia comeza a semana baixo a influencia das baixas presións e con temperaturas suaves que roldan os 19 graos nalgunhas provincias. Os ceos estarán cubertos os primeiros días, con chuvias máis probables na metade oeste. Unha fronte fría entrará o luns pola noite, deixando precipitacións que remitirán de cara o martes. As temperaturas descenderán progresivamente ata situarse en valores invernais. Con todo, a situación atmosférica cambia radicalmente o vindeiro xoves, que será unha xornada de transición para dar lugar ao tempo seco e solleiro, o predominante o que resta da semana.

Un anticiclón situado ao norte de África e unha borrasca ao suroeste de Irlanda deixará ceos cubertos e precipitacións débiles nos primeiros días. A pasada fin de semana a comunidade acadou uns valores térmicos altos derivados do ventos do sur, que traen aire cálido e humidade, unha situación que se repite este luns. Agárdase que na madrugada do martes as precipitacións sexan máis intensas en Pontevedra —onde está activa a alerta amarela— e sur da provincia da Coruña, segundo apunta MeteoGalicia. Nesta xornada notarase a baixada das temperaturas, especialmente nas mínimas, de maneira que algunhas cidades como Santiago amencerán con seis graos menos que o día anterior.

Publicidade

Dende o mediodía do martes predominarán as precipitacións, “ocasionalmente de carácter tormentoso”, explican dende MeteoGalicia. O mércores entrará o vento do nordés que deixará frío na comunidade e tamén inestabilidade atmosférica. Choverá de maneira xeneralizada e a cota de neve estará situada nos 1.200 metros. O día seguinte, o xoves, será a xornada de transición. Os ceos abrirán pola tarde e pode chover na zona norte de cara a noite. As temperaturas acadarán valores máis propios desta época. As máximas non superarán os 15 graos e as mínimas máis baixas van para Ourense e Lugo con 4 graos; en Pontevedra e Santiago os termómetros marcarán 5 graos; A Coruña chegará aos 10.

A partir do xoves, predominarán as altas presións en toda a comunidade e non choverá no que resta de semana. Poderá haber néboas matinais nalgunhas zonas do interior.

Publicidade

https://twitter.com/MeteoGalicia/status/1733799914457506037?s=20

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Anatomía da borrasca que regará Galicia e derrubará as temperaturas: “Formouse a latitudes excepcionais”

O descenso das temperaturas será máis pronunciado en zonas do interior de Lugo e Ourense, sobre todo na Ribeira Sacra, o Miño, Valdeorras e Verín