Retiran unha balea morta na Illa de Arousa tras varar varios días na ría

Foi trasladada ao porto de Cabodeiro nun difícil operativo debido ao peso do animal, que se atopaba nun avanzado estado de descomposición

Unha balea femia xuvenil apareceu morta na Illa de Arousa. Medía máis de catro metros de lonxitude e unha tonelada de peso. Foi trasladada nun difícil operativo ao porto do Cabodeiro, despois de ser vista varada no Carreirón. Os membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) desprazáronse este xoves para realizar a necropsia e determinar así as causas da súa morte. As probas determinarán se é o mesmo exemplar que foi visto nadando cerca da Illa hai varios anos. Posteriormente, a Consellería de Medio Ambiente encargarase do traslado do animal para a súa incineración.

A cofradía e os mariñeiros da localidade colaboraron no traslado da criatura. É unha balea alibranca, unha especie común na costa galega que pode chegar aos sete metros e medio de lonxitude. O exemplar xa foi visto o 9 de maio por varios mariñeiros, que ficaron sorprendidos polo seu tamaño. A CEMMA achegárase ao lugar, mais despois de varias horas de busca, non deron con el. Decidiron que agardarían a que o animal quedase varado na costa e a partir de aí, acudir á zona para a súa retirada e iniciar os estudos pertinentes.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Especie vulnerable ou en perigo crítico? Un documental analiza a situación da candorca ibérica

O proxecto, no que participa a CEMMA, achega a visión de diferentes expertos sobre as interaccións cos cetáceos e incide en que non deben considerarse ataques

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal