Pódcast | Chegará a alerta por seca en Galicia?, con Alberto Martí

O profesor explica se a nosa comunidade está preparada para afrontar o verán e se 2023 está sendo un ano máis cálido do normal

Estes últimos oito anos foron os máis quentes dende que existen rexistros. As institucións metereolóxicas alertan das altas temperaturas que sufriremos e da falta de precipitacións nalgunhas comunidades. A seca é xa un dos temas principais nos medios de comunicación e algúns colectivos de España están a pedir plans de choque urxentes para afrontar os próximos meses de verán. Con todo, parece que Galicia está lonxe desta situación, cun tempo cambiante pero habitual para a primavera, coa influencia atlántica que aminora a calor. Non obstante, non se pode negar que en varias zonas de Galicia, especialmente do interior, xa se acadaron temperaturas que non son normais para a época e que evidencian as consecuencias do cambio climático.

Este novo episodio de Investigar na USC responde á pregunta que leva por título: Chegará a alerta por seca en Galicia? Para facer unha análise completa da cuestión, entrevistamos a Alberto Martí, profesor de xeografía na Universidade de Santiago (USC). Conversamos sobre as reservas de auga en Galicia, os plans das institucións, o tipo de consumo de auga por parte dos galegos, a conciencia ecolóxica, o fenómeno ‘El Niño’ e as previsións para os próximos meses.

Publicidade


Escoita Investigar na USC en: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Google Podcasts, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies