As condicións meteorolóxicas favorecen a observación do raio verde dende Poio

Unha afeccionada á fotografía captura este fenómeno óptico, que ás veces se pode ver despois do solpor e antes da saída da Lúa

O escintileo ou raio verde é un fenómeno óptico que ocorre despois do solpor e antes da saída da Lúa. En determinadas condicións a atmosfera produce un fenómeno de dispersión e difracción das ondas de luz que anula algunhas cores do espectro visible para os humanos, mentres que maximiza as ondas arredor dos 525 nanómetros, que se corresponden cos tons verdosos. Só dura uns segundos. Para velo ten que haber unhas boas condicións meteorolóxicas, como o aire calmo sen turbulencias atmosféricas.

É pouco habitual velo e aínda menos retratalo. Se hai sorte, pódese apreciar durante varios días seguidos, como lle pasou a Alejandra Pichel, unha veterinaria de Poio (Pontevedra) afeccionada á fotografía. Hai varios anos que captura o mar, sobre todo o surf, e isto levouna a retratar moitos atardeceres. Así descubriu o raio verde. Neste caso, Pichel conta que é máis fácil velo cando o sol baixa máis rápido no horizonte creando deformacións horizontais. “Non ten que ser no horizonte do mar, tamén se dá coa lúa chea pero é máis difícil captalo”. Di que para retratalo co seu teleobxectivo tivo que utilizar valores para non “queimar” a luz solar.

Publicidade

Raio verde dende Pontevedra, fotografado por Alejandra Pichel.

Hai moitas persoas que aínda pensan que o raio verde son lendas de mariñeiros. Porén, ten unha explicación científica. Este escintileo prodúcese pola refracción da luz do sol ao seu paso pola atmosfera. É un fenómeno que pola súa beleza parece máxico, e como é difícil de ver, hai moitas lendas ao respecto incluso dende o século XIX. O propio concepto foi popularizado pola novela O raio verde de 1882 de Julio Verne: “(…) un verde que ningún artista podería xamais obter na súa paleta, un verde do cal nin as variadas tintas da vexetación nin os tons do máis limpo mar poderían nunca producir un igual. Se hai un verde no Paraíso, non pode ser salvo deste ton, que moi seguramente é o verdadeiro verde da esperanza”. Dise tamén, que Verne se inspirou para a súa historia nunha fábula que se contaba por aquel entón en Escocia: quen vexa o raio verde é unha persoa namorada.

Raio verde dende Pontevedra, fotografiado por Alejandra Pichel.

Hai outra variante menos habitual, é co cal, moito máis dificil de capturar: o raio azul ou violeta. Para observalo, é preciso que se maximicen as ondas de luz arredor dos 450 nanómetros. Ata hai pouco tempo había escasos documentos gráficos no mundo que amosen a súa presenza. Nos últimos anos, foi observado e retratado en varias ocasións en Galicia. A primeira imaxe da que hai constancia é o de Alfredo Madrigal, que o observou en Loiba en 2016.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Capturado un raio verde no solpor da Guarda

A fotógrafa afeccionada Sandra Sánchez retrata o famoso fenómeno dende o porto do concello pontevedrés

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país