Capturado un raio verde no solpor da Guarda

A fotógrafa afeccionada Sandra Sánchez retrata o famoso fenómeno dende o porto do concello pontevedrés

O sol estaba a piques de desaparecer no horizonte. Pero antes da súa marcha, a fotógrada afeccionada Sandra Sánchez logrou capturar o famoso raio verde ás 19:39 horas dende o porto da Guarda. Foi o luns 16 de marzo cando conseguiu retratar en vídeo un fenómeno que adoita producirse xusto despois da saída do sol ou antes do solpor. O raio verde débese a que, en determinadas condicións, a atmosfera produce un fenómeno de dispersión e difracción das ondas de luz. Isto anula algunhas cores do espectro visible para os humanos mentres que maximiza as ondas arredor dos 525nm, que se corresponden con tons verdosos.

Non é doado ver nin retratar o raio verde. Non só é famoso polo fermoso espectáculo que ofrece a quen o observa, senón tamén grazas ás referencias culturais. O escritor Julio Verne dedicoulle un libro á súa busca e o filme Piratas do Caribe mencionábao como unha lenda.

Publicidade

Aquí pódese ver unha secuencia en vídeo capturada por Sandra Sánchez, que logra retratar o fenómeno xusto no momento en que o sol desaparece:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O segredo detrás da espectacular imaxe dun triplo raio verde sobre as Sisargas e a Torre de Hércules

O fotógrafo David Couce conseguiu capturar este fenómeno óptico, visible só en seis días concretos do outono e a primavera dende esta perspectiva

Un fortín defensivo contra Portugal? A principal hipótese dun xacemento no Baixo Miño

Unha intervención arqueolóxica identifica o acceso, os foxos e a contramuralla dunha fortificación construída sobre antigas explotacións mineiras romanas

Cales son as praias coa auga máis quente de Galicia? Atópaas no mapa térmico do mar

Mentres que a temperatura no norte da comunidade supera estes días os 17°C, a máis fría de Galicia rexistrouse na Guarda, con só 12,7°C

Que é a lexionela? A bacteria que agroma en Galicia e Portugal sen que se coñeza o foco

O bacilo deixa 18 casos no Rosal, A Guarda e Caminha. Secuenciaranse mostras para determinar se existe relación entre os gromos