O 98,5% das especies ameazadas en Galicia aínda non conta con plan de protección

O vindeiro 9 de maio cúmprense 12 anos da publicación no Diario Oficial de Galicia da norma que regulaba o Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Dacordo á normativa comunitaria e española, a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia elaborou a súa propia lista de especies vulnerables e en perigo de extinción para aumentar a súa protección. Nun principio eran 193, e en 2011 engadíronse sete máis.

Entre elas están, por exemplo, o mexillón e o caranguexo de río, a pita do monte (xa extinguida en Galicia), ou o oso pardo, ademais de decenas de especies de algas, liques, fentos, brións e plantas superiores, algunhas delas endémicas.

Publicidade

Só 3 das 200 especies ameazadas de Galicia contan con plan de protección.
Só 3 das 200 especies ameazadas de Galicia contan con plan de protección.

Para protexer a estas especies, a normativa contemplaba o desenvolvemento de plans de conservación (para que están na categoría de vulnerables) ou de recuperación (as que están en perigo de extinción). Para facer cumprir a normativa, por tanto, cada especie debería ter desenvolvido o su propio plan de protección. Contemplábase a posibilidade, con todo, de que algún grupo de taxóns puidera agruparse ao abeiro dun mesmo plan integral, de coexistir nun mesmo hábitat e requirir accións análogas de protección.

Pero case 12 anos despois da publicación do Catálogo Galego, o 98,5% das especies ameazadas en Galicia segue sen plan de protección. Ao ritmo actual, tal e como informaba GCiencia en febreiro de 2018, precisaríanse 1.782 anos, case 18 séculos, para que cada taxón tivera cadanseu plan. O último publicado, en 2014, foi o da píllara das dunas. Antes aprobaranse o da escribenta das canaveiras e o sapoconcho común (en 2013). Respecto ao oso pardo, o borrador da revisión do plan, aprobado en 1992, figura na web da Consellería de Medio Ambiente con data de 2013, sen que se teñan producido máis avances.

Publicidade

Hai case dous anos, o presidente da Xunta de Galicia anunciou a creación do Listado de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia. Feijoo subliñaba que o obxectivo da Xunta era conseguir ata 2020 a aprobación de 45 plans de protección. Desde entón, e aínda que se están elaborando borradores destes plans, ningún viu aínda a luz. GCiencia contactou en varias ocasións coa Consellería de Medio Ambiente, sen ter obtido resposta ata o momento.

Podes consultar aquí o Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía