Xoves 25 Abril 2024

Fondos europeos de 1,6 millóns para un plan do oso pardo no Courel e Ancares

Un plan para ‘minimizar os danos’ do oso pardo na serra do Courel. Un total de 1,6 millóns  de euros para levar a cabo accións no Espazo Rede Natura Ancares- Courel, que inclúe os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga, Samos, Triacastela, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, ademais dos.de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, sinalou que o obxectivo xeral do proxecto é diminuír os posibles danos causados polo oso e realizarase mediante un control e estudo dos seus asentamentos e hábitats. Así, o plan inclúe mellorar a conectividade e calidade dos espazos nos que vive o oso, especialmente, en zonas de interese, así como mellorar o coñecemento polos actores sociais, o que suporá nunha maior aceptación social.

Publicidade

A directora xeral indicou que as actuación comezarán a executarse ao longo do mes xuño e destacan, entre outras, a plantación de masa arbórea e arbustos autóctonos, a recuperación de fincas para mellorar a calidade dos hábitats, a celebración de xornadas e encontros formativos para fixar unha cultura de sensibilización respecto desta especie, así como medidas de protección fronte a ataques de oso de todos os colmenares da zona de actuación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catro galegos proban o primeiro fármaco contra o fígado graxo nun ensaio clínico pioneiro

O tratamento, que acaba de ser aprobado en Estados Unidos, pode tardar dous anos en estar dispoñible en España

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

O sector galego das TIC suma 23.000 empregos directos, 4.000 no último lustro

A facturación medra preto dun 14% e achégase aos 3.700 millóns de euros

Estamos máis preto da detección precoz do alzhéimer?

A través dos biomarcadores podémonos adiantar á aparición das enfermidades vinculadas á vellez