‘Danielle’ convértese en furacán e a súa traxectoria achégao a Galicia

A axencia norteamericana estima que se fortalecerá nas próximas horas e un modelo alemán baralla que tome rumbo ao noroeste

Danielle xa é o primeiro furacán da temporada. Así o certificou a tarde deste vernes o Centro Nacional de Furacáns (NHC) dos Estados Unidos, que recoñeceu esa categoráía ao complexo sistema que está a sorprender os meteorólogos: un fenómeno “anómalo” por formarse no Atlántico norte. É dicir, a unhas latitudes máis altas do esperado.

Malia que aínda é pronto para determinar con exactitude a súa traxectoria, o investigador da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) J. J. González Alemán considera que a posibilidade de achegamento á península xa é unha hipótese “robusta”. Ademais, baseándose nun modelo deseñado por expertos alemáns, o fenómeno podería afectarnos como “potente ciclón” que se achegue “ás costas de Galicia e Portugal”. Algúns prognósticos estiman que podería chegar a mediados da semana que vén. De momento, o NHC informa dunha traxectoria máis ao Leste.

Publicidade

Os meteorólogos consideran o fenómeno como “anómalo”, por formarse en latitudes máis altas do habitual

De todos modos, todo son hipóteses. Non hai ningunha confirmación de momento, malia que as probabilidades de que afecte á península seguen en aumento, segundo diferentes modelos meteorolóxicos. A incerteza propia desta disciplina impide facer prognósticos determinantes e, de feito, os investigadores advirten que este primeiro furacán está a ter un comportamento “inesperado”. Aínda así, González Alemán pregúntase que forma podería adoptar Danielle se se aproximase á península. Máis especificamente, ás costas de Galicia e Portugal. “Como ciclón tropical ou como transición extratropical convertida nunha potentísima borrasca? É máis probable o segundo, pero con este mapa teño dúbidas”, di o meteorólogo da AEMET na súa canle de Twitter, facendo alusión ao modelo desenvolvido por expertos alemáns.

Mapa ao que fai alusión González Alemán, a través do que dubida que tipo de estrutura podería alcanzar o sistema tormentoso se se achegase a Galicia. Fonte: Twitter.

Un fenómeno complexo

Outro dos puntos sobre nos que máis atención se está a prestar é a complexidade do fenómeno. Os expertos instan a facer un seguimento continuado e pormenorizado de Danielle. De feito, o seu comportamento está a sorprender aos investigadores do NHC. Segundo indica González Alemán, emitiron un aviso especial para alertar de que se está a “fortalecer rapidamente e de forma inesperada”. De feito, o meteorólogo da AEMET é contundente: “Non se trata dun ciclón tropical normal”, dicía antes de declaración do furacán. Para reforzar a súa afirmación, o investigador recorda que se esperaba que o ciclón acadara as 60 millas/h en 30-36 horas e conseguiuno nun intervalo de tan só 3-6 horas. “Os procesos físicos que están ocorrendo no ciclón son moi complexos, difíciles de modelizar”, insistía o experto.

Publicidade

De todas formas, a anomalía do novo furacán que salientan os meteorólogos non está relacionada co impacto que poida ter, difícil de determina a día de hoxe. O que sorprende dende o punto de vista científico son as características internas do fenómeno e o comportamento que está a desenvolver nas últimas horas. “Impresiona moito a intensidade da actividade convectiva, de tormentas, asociada á anómala tormenta tropical Danielle. Ten máis apariencia dun ciclón tropical típico desenvolvido en latitudes tropicais. Pero non, atópase preto dos 40ºN”, explica na súa conta de Twitter González Alemán, que insiste no “extraordinario” do fenómeno. É dicir, o desenvolvemento de Danielle non é habitual no Atlántico norte, onde se formou. E de feito, o propio González Alemán avisa de que se está a “formar o seu ollo, signo de que está próxima a converterse en furacán”. Unha apreciación que acabaría por confirmarse.

Información actualizada ás 18,37 do 02/09)22

Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

1 comentario

  1. Alguien dice que es una hipótesis robusta… vaya calificativo para probable o bastante probable. Robusta es fuerte

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas