Unha profunda borrasca atlántica azouta Galicia esta fin de semana con chuvia, vento e neve

O centro de baixas presións situado sobre Irlanda enviará unha fronte fría na madrugada do sábado

Marzo comeza en Galicia, pero non coa súa primavera climatolóxica, esa época na que se empeza a notar a fin do inverno e a chegada de temperaturas máis agradables. De feito, esta primeira fin de semana está cargada dos compoñentes da época invernal: moita chuvia, vento e neve. Unha profunda borrasca atlántica situada sobre Irlanda enviará unha fronte cálida durante o día e unha fronte fría na madrugada do sábado. Os ceos estarán cubertos os tres días, aínda que o venres e o sábado serán as xornadas con máis precipitación acumulada —poderán chegar aos 40 litros en 12 horas—. No mar a situación será moi complicada, este venres está activada a alerta laranxa: o temporal xa deixou ondas de 6 metros no litoral coruñés e ventos de 102,5 km/h en Viveiro (Lugo).

Na xornada do venres as precipitacións rexistraranse todo o día de maneira intermitente. A cota de neve estará situada nos 1.200 metros no sur, e os refachos serán máis potentes na costa e zonas altas. As temperaturas máximas xiran arredor dos 11 e 14 graos, e os valores mínimos rexistraranse en Lugo, con 2 graos. O sábado agárdase unha situación similar, aínda que as precipitacións poden vir acompañadas de sarabia e tormenta. Co avance do día, a cota de neve baixará ata os 900 metros pola noite. O patrón dos ventos mudará cara ao noroeste a partir do mediodía. Dende MeteoGalicia explican que esta é unha “fin de semana propia de marzo e de inverno” e que a situación aminorará de cara o domingo, cando non se espera tanta cantidade de chuvia.

Publicidade

A mesma borrasca moverase ata o oeste de Irlanda e enviará unha fronte fría que deixará un día de ceos anubrados e chuvias persistentes nas horas centrais do domingo. As temperaturas máximas soben minimamente e os ventos soprarán fortes no litoral. De cara a vindeira semana, as baixas presións dominarán a situación meteorolóxica, especialmente o luns. A partir do martes, Galicia atoparase nunha situación intermedia entre o anticiclón, que estará situado no interior da Península, e as borrascas atlánticas. MeteoGalicia informa que as temperaturas serán baixas para a época do ano. A partir do martes volverán as precipitacións.

https://twitter.com/AEMET_Esp/status/1763472300974719453?s=20

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informou nun comunicado que esta fin de semana tamén estará marcada, para a toda a península e Baleares, polo paso dun carrusel de frontes atlánticas. O inicio da semana do 4 ao 10 de marzo as frontes seguirán sendo as protagonistas en España, que traen precipitacións intensas e neve. A partir do martes, o anticiclón “gaña terreo”, e as precipitacións estarán limitadas ao extremo norte de maneira ocasional. Con todo, e facendo referencia á incertidume, as frontes atlánticas a partir do xoves volven afectar á península, de maneira que “non se descartan en ningún punto, nin en Baleares”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As claves da NASA para observar a eclipse total de Sol do 12 de agosto

Galicia será un dos territorios europeos privilexiados para contemplar o fenómeno astronómico do ano a causa do paso da banda de totalidade polo territorio

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela

Así evoluciona o tempo en Galicia antes da eclipse: ceos máis despexados no interior e incerteza no norte

O litoral norte da Coruña e A Mariña concentran as dúbidas pola posible presenza de nubes baixas, mentres o resto da comunidade presenta unha situación favorable

⁠⁠A Coruña, entre os puntos de repartición das lentes gratuítas do Goberno para a eclipse total

O Ministerio de Ciencia e o Grupo Social ONCE distribuirán dous millóns de dispositivos visuais certificados para observar con seguridade o fenómeno do 12 de agosto