Unha profunda borrasca activa as alertas por chuvia: Pontevedra poderá acumular 80 litros

A partir do venres agárdase unha situación intermedia entre altas e baixas presións. Haberá precipitacións toda a fin de semana

Unha borrasca moi profunda afectará a Galicia este xoves. As alertas por chuvia e ondadas no litoral xa están activas. As provincias atlánticas poderán recoller 40 litros por metro cadrado, pero Pontevedra, con alerta laranxa, podería chegar aos 80 litros. Esta fronte activa, que arrastra moita humidade debido ao río atmosférico que une Galicia co Caribe, deixará tamén ventos intensos. O venres a comunidade quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Unha situación similar á da fin de semana, iso si, con precipitacións tódolos días. As temperaturas ascenderán, pero serán as “normais” para este período do ano, segundo informa MeteoGalicia.

Na xornada do xoves agárdanse precipitacións xeneralizadas e localmente fortes na primeira metade do día, que remitirán entrada a tarde. Soben as temperaturas, tanto as máximas como as mínimas. Vigo, Pontevedra e A Coruña chegarán aos 17 graos. Os valores mínimos van para Lugo e Ourense, con 9 e 10 graos, respectivamente. O vento soprará forte do suroeste e a cota de neve estará situada entre os 1.100 e 1.200 metros pola noite.

Publicidade

O venres non está activo ningún aviso e será un día máis estable, cunha situación entre altas e baixas presións. As precipitacións serán máis intermitentes, máis probables pola mañá. Pola tarde entra fronte cálida que deixará precipitacións moi débiles. O sábado agárdase unha situación similar. Os ceos estarán cubertos todo o día e choverá de maneira débil no oeste. As temperaturas volven experimentar un lixeiro ascenso. Así, Vigo, Ourense, Pontevedra e A Coruña poderán chegar aos 19 graos.

O domingo será unha xornada de alternancia de ceos nubosos e nubes e claros. As mínimas ascenderán e as máximas manteranse sen cambios. Segundo apunta MeteoGalicia, son valores propios da época. Para a vindeira semana é probable que Galicia recupere influencia anticiclónica e que as precipitacións dean unha tregua.

Publicidade

https://twitter.com/MeteoGalicia/status/1732657503383572668?s=20

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño