Primeiras imaxes dos barrís radioactivos vertidos na Foxa Atlántica hai máis de 40 anos

Un equipo do Centro Nacional para a Investigación Científica de Francia lidera a expedición NODSSUM para mapear os bidóns e estudar o seu impacto na fauna e na flora

Entre 1949 e 1982, máis de 3.000 barrís con residuos radioactivos, cargados cun total que ronda as 200.000 toneladas de refugallo tóxico, foron abandonados na Foxa Atlántica por embarcacións de diferentes países. Esta práctica era común naquel momento e, así, as áreas denominadas como NEA#3 —máis próxima ás costas da comunidade— e NEA#4 —de maior tamaño— convertéronse nos cemiterios nucleares do mundo. Un grupo de investigación francés liderado polo xeólogo e oceanólogo Javier Escartín e o enxeñeiro en metroloxía nuclear Patrick Chardon deron comezo ao proxecto NODSSUM, que busca mapear as localizacións reais dos barrís e observar a súa interacción coa fauna e a flora oceánicas. Escartín vén de compartir as primeiras imaxes dos barrís tomadas durante as expedicións.

Atópanse a uns 750 quilómetros da costa galega e a máis de 4.000 metros de profundidade e, segundo o Centro Nacional para a Investigación Científica de Francia (CNRS), o organismo responsable en primeiro nivel da súa monitorización, non presentan un risco directo para a saúde da poboación de Galicia. Esta zona foi escollida debido a que non presentaba movementos tectónicos significativos. Así e todo, a controversia en torno ao seu depósito no fondo oceánico e as súas consecuentes implicacións medioambientais espertaron a loita do pobo. Dúas expedicións e incontables manifestacións de desacordo son proba da vontade social de eliminar o vertedoiro.

Publicidade

NODSSUM, un proxecto de recoñecemento

A iniciativa NODSSUM busca sinalar sobre o mapa os lugares precisos nos que se atopan os depósitos radioactivos. Ademais, o equipo realizou máis dunha vintena de extraccións de sedimentos no fondo mariño, tomou mostras das augas e instalou un aparello de medición de correntes e varias trampas destinadas a animais mariños a fin de analizar a interacción entre os refugallos tóxicos e a fauna, a flora e os movementos oceánicos. Tamén enviaron un sónar, o vehículo submariño autónomo (AUV) UlyX, que ten a capacidade de recoller os seus datos nun disco duro que pode chegar aos 6.000 metros de profundidade.

Escartín sinala a través das súas redes sociais que o submariño Nautile realizou 19 inmersións que acadaron os 4.700 metros de profundidade. Puido fotografar máis dun cento de barrís, sedimentos, elementos da biota acuática, etc.

Publicidade

O Xurelo, unha icona de loita ecoloxista

Corre o ano 1981. Para frear esa situación, o pesqueiro galego Xurelo desprázase ata a zona na que dous barcos foráneos van depositar novos refugallos. A misiva non estaba composta na súa totalidade por profesionais do mar, o que se viu reflictido nas condicións da viaxe: a embarcación levaba catro mariñeiros e 14 tripulantes que reunían nas súas filas activistas, profesores, representantes políticos e xornalistas. Así e todo, lograron paralizar as accións de depósito.

A Sociedade Galega de Historia Natural —cuxo membro Enrique Álvarez Escudero participou na primeira expedición do Xurelocomparte a mensaxe que difundiu a embarcación en múltiples idiomas: “Vimos en nome de Galicia, vimos no nome de todos os pobos que queren a paz e un progreso que non destrúa a natureza. Vimos no nome propio e no de todas as xeracións futuras. O Atlántico é unha fonte de riqueza e un horizonte de comunicación, non queremos que convirtan o Atlántico nun cemiterio nuclear. O Atlántico é un sinal de identidade para Galicia e un símbolo de vida para todos os pobos. Non queremos que o convirtan nun símbolo de morte”.

  • Barrís con marcas no fondo mariño, no vertedoiro de residuos radioactivos do Atlántico Nordeste, filmados polo Nautile durante a viaxe do NODSSUM'26, a 4700 m de profundidade. Imaxe: Viaxe NODSSUM, CNRS, Flotte Océanographique Française, IFREMER, Instalación MISO/WHOI. Dereitos de autor: CNRS
  • Dous barrís con marcas no fondo mariño, no vertedoiro de residuos radioactivos do Atlántico Nordeste, filmados polo Nautile durante a campaña NODSSUM'26, a 4700 m de profundidade. Imaxes: Campaña NODSSUM, CNRS, Flotte Océanographique Française, IFREMER, Instalación MISO/WHOI. Dereitos de autor: CNRS
  • Barrís con marcas no fondo mariño, no vertedoiro de residuos radioactivos do Atlántico Nordeste, filmados polo Nautile durante a viaxe do NODSSUM'26, a 4700 m de profundidade. Imaxe: Viaxe NODSSUM, CNRS, Flotte Océanographique Française, IFREMER, Instalación MISO/WHOI. Dereitos de autor: CNRS
  • Barril degradado co seu contido derramado no fondo mariño, no vertedoiro de residuos radioactivos do Atlántico Nordeste, amosando a colonización por anemonas entre outras formas de vida abisal. Tras unha inspección do barril polo 'Nautile', obtivéronse mostras de sedimento da súa contorna inmediata. Imaxe: NODSSUM Cruise, CNRS, Flotte Océanographique Française, IFREMER, Instalación MISO/WHOI. Dereitos de autor: CNRS
  • Barril que amosa incrustacións de óxido, marcas e colonización biolóxica, xacente no fondo mariño dentro do vertedoiro de residuos radioactivos do Atlántico Norte-Leste, filmado polo Nautile durante a campaña NODSSUM'26, a 4700 m de profundidade. Imaxe: Campaña NODSSUM, CNRS, Flotte Océanographique Française, IFREMER, Instalación MISO/WHOI. Dereitos de autor: CNRS
  • Despregamento dunha boya trampa de peixes no vertedoiro de residuos radioactivos do nordeste durante a campaña NODSSUM'26. Imaxe: Campaña NODSSUM, CNRS, Flotte Océanographique Française. Dereitos de autor: CNRS
  • Operación de recuperación do 'Nautile' e buzos, ao final dunha inmersión a 4700 m no vertedoiro de residuos radioactivos do Atlántico Nordeste durante a campaña NODSSUM'26. Imaxe: Campaña NODSSUM, CNRS, Flotte Océanographique Française. Dereitos de autor: CNRS
  • Inspección do submersible Nautile antes dunha operación de mergullo durante a campaña NODSSUM'26. Imaxe: Campaña NODSSUM, CNRS, Flotte Océanographique Française. Dereitos de autor: CNRS
  • Mostras de auga obtidas durante unha inmersión de Nautile a 4700 m, en proximidade a barrís con residuos radioactivos no Atlántico Nordeste (viaxe NODSSUM'26). Imaxe: Viaxe NODSSUM, CNRS, Flotte Océanographique Française. Dereitos de autor: CNRS

Un ano despois, o Xurelo volveu tomar o océano coa intención de levar a un alto o depósito de refugallos radioactivos nas augas galegas. Nesta ocasión, o barco contou co apoio do Sirius, de Greenpeace. Os activistas foron recibidos con chorros de auga a presión e con bidóns que non deixaron de caer ao mar. Os galegos puideron rexistrar a actuación das embarcacións; as imaxes deron a volta ao mundo e espertaron unha onda de rexeitamento.

En febreiro de 1983, aprobouse unha moratoria para as verteduras de refugallos radioactivos. En 1993, a prohibición definitiva de depósitos de alta actividade no mar volveuse efectiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Bili, Arou e Afortunada: a historia das tres tartarugas liberadas en Sálvora

Os exemplares pertencentes á especie Caretta caretta voltaron ao mar despois de estar un ano recuperándose nas instalacións do CEMMA

'Grazas á mobilización popular hoxe non temos unha central nuclear en Galicia'

O escritor Manuel Rivas fala do seu compromiso co ecoloxismo, do desastre do 'Prestige', dos incendios ou da Foxa Atlántica