A primeira fronte fría do ano activa as alertas por chuvia e vento en todo o litoral galego

Galicia empeza 2024 baixo os efectos dunha borrasca atlántica que deixará precipitacións intensas e refachos que superarán os 80 km/h

Galicia empeza o ano con paraugas en man. Unha fronte activa entra este martes pola tarde e provocará episodios de chuvias intensas e fortes ventos. As alertas están activas en todo o litoral galego: os refachos serán superiores aos 80 km/h e as acumulacións de auga na Coruña e Pontevedra poderán acadar os 40 litros en 12 horas. Non será a primeira borrasca da semana. O xoves entra outra fronte non tan activa que arrastra aire frío, o que provocará unha caída das temperaturas, sendo máis baixas para esta época do ano. Pouco a pouco reducirase a inestabilidade da atmosfera e as chuvias poderá remitir para o Día de Reis.

Unha borrasca atlántica atravesará a comunidade na xornada do martes. Na segunda metade do día a chuvia será xeneralizada para toda Galicia e terá un carácter puntualmente forte. Os ventos soprarán fortes do sudoeste: na Costa da Morte alcanzará forza oito e nas Rías Baixas, sete. As temperaturas ascenderán lixeiramente e serán valores máis altos para esta época do ano. Os termómetros en Ferrol marcarán 17 graos; Pontevedra, Ourense, Vigo e A Coruña 16; e Santiago, 15 graos.

Publicidade

https://twitter.com/AEMET_Galicia/status/1742141872372338926?s=20

Despois do paso desta borrasca, o mércores será un día de ceos cubertos e de precipitacións débiles, máis probables na metade oeste de Galicia. As temperaturas descenden, situándose en valores máis propios para xaneiro. Unha nova borrasca afectará a Galicia na xornada do xoves. Será menos activa ca do martes, pero arrastra unha masa de aire moi frío que procede do Atlántico Norte. É un día de inestabilidade con chuvias e coa cota de neve situada entre os 700 e 800 metros de altura. As precipitacións chegarán xa pola mañá e estenderanse por toda a comunidade a partir do mediodía. Poderá haber sarabia.

O venres, a véspera do Día de Reis, volverán descender as temperaturas. Serán máis baixas do normal, segundo apunta MeteoGalicia. Os chuvascos serán xeneralizados en todo o territorio galego e en ocasións tamén poderán vir acompañados de sarabia. O vento soprará do noroeste, o que aumentará a sensación de frío. Lugo e Santiago de Compostela serán as provincias cos valores máis baixos con tres e catro graos, respectivamente. Pouco a pouco reducirase a inestabilidade da atmosfera e o aire será máis seco. O sábado 6 de xaneiro, Día de Reis, poderá chover na metade norte, mais a probabilidade de precipitación diminuirá co paso do día e no ceo poderán abrirse claros. O domingo agárdase unha xornada similar, pero con menos chuvia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

Galicia rexistra o mes de outubro máis seco dende 2007

O último informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi un 79% inferior ao habitual no período

O aire polar provocará un descenso brusco das temperaturas dende o martes en Galicia

O descenso térmico irá acompañado de vento de mar no litoral da Coruña, onde se ditamina a alerta amarela

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores