Pódcast | O CIM busca solucións para establecer a enerxía eólica mariña en Galicia

Falamos co investigador Xurxo Costoya, quen busca determinar o potencial das costas galegas para reducir o uso de combustibles fósiles

Este é o terceiro episodio do pódcast Todas as correntes levan ao CIM, un pódcast de GCiencia en colaboración co Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo para afondar coa sociedade no coñecemento do mar. Na ‘Corrente III’ falamos de enerxía eólica mariña e undimotriz así como a súa viabilidade no contexto galego co investigador Xurxo Costoya.

A crise climática actual é un feito innegable. O ritmo de consumo está esgotando pouco a pouco a vida do planeta. A cantidade de enerxía que se precisa para manter as sociedades non é pouca e o feito de que veña principalmente a partir de combustibles fósiles non é algo que axude precisamente a combater a situación de quecemento global. O desenvolvemento do potencial enerxético dos océanos vai xogar un papel moi importante na súa mitigación coa produción de enerxía limpa e podemos dicir que estamos de sorte, xa que Galicia é unha das rexións referentes en enerxías renovables precisamente por contar cun dos principais recursos eólicos mariños de Europa. De feito, xunto con Canarias, Galicia é a comunidade autónoma de España con maior potencial no que respecta a este sector.

Publicidade


Episodio realizado por Laura Veiga

Edición: Carlos Tresandí

Publicidade


Escóitao nas plataformas de pódcast: SpreakerSpotifyIvooxiHeartDeezerPodcast AddictJioSaavn e Podchaser.

Laura Veiga
Laura Veiga
Xornalista pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en cultura científica pola Universidade de Oviedo e sexóloga pola Universidade Camilo José Cela. Combina a comunicación e a divulgación en medios como GCiencia e Nós Diario coa educación sexual e menstrual, que desenvolve a través do seu proxecto Pingando en redes sociais e en obradoiros para centros educativos e asociacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Científicos galegos crean unha ferramenta dixital para mellorar a sostibilidade da pesqueira do ourizo de mar

A creación do CIM-UVigo permite identificar riscos que afectan ao futuro do recurso mariño, actualmente en situación crítica

O océano do futuro estúdase en Vigo: dúas décadas construíndo un referente europeo da investigación mariña

O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebra o seu décimo aniversario xunto ao vixésimo da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla. Por Daniel Rey, do CIM

Congro, ostra e vieira: máis de 60 especies están afectadas polo cambio climático nas Rías Baixas

Unha investigación do Centro de Investigación Mariña analiza o impacto presente e futuro dos episodios meteorolóxicos extremos sobre a fauna mariña galega

Unha aplicación da UVigo permite detectar contaminantes na auga a través do móbil

O proxecto Aquasense emprega dispositivos portátiles de baixo custo para facilitar a vixilancia ambiental en contornas con poucos recursos