Unha potente borrasca traerá chuvia abundante e desplome de temperaturas a partir do xoves

Galicia acadará os 22 graos entre luns e martes mentres que a fin de semana estará marcada por un "temporal invernal"

Semana de contrastes en Galicia, que pasará dos 22 graos de máxima entre luns e mércores a sufrir un acusado descenso dos termómetros a partir do xoves. Este cambio atmosférico prodúcese pola retirada das altas presións cara ao sur das Azores, deixando a porta aberta ás borrascas atlánticas. A primeira delas enviará unha fronte fría a Galicia este xoves, cunha probabilidade de chuvia que acadará o 90% en todo o territorio. Dende Meteogalicia advirten que se producirá un acusado descenso das temperaturas, que non superarán os 13 graos de máxima. Isto prococará que algunhas precipitacións caian en forma de neve e incluso de sarabia. O panorama manterase inestable ao longo dunha fin de semana protagonizada polo frío e pola chuvia.

O ambiente primaveral persistirá en Galicia durante o luns e o martes, con temperaturas que chegarán a acadar os 23 graos en Ourense e non descenderán dos 20 de máxima en ningunha cidade galega. Con todo, o mércores será unha xornada de transición e as temperaturas comezarán a baixar progresivamente, situándose as máximas nunha media de 17 graos. O inverno regresará a Galicia o xoves, cando se prevé que unha potente borrasca atlántica envíe unha fronte fría que deixe abundantes precipitacións, pero tamén nevadas e ventos intensos. “Espérase un cambio radical de tempo cun temporal atlántico con ventos de compoñente norte”, explica o meteorólogo Francisco Martín León nun artigo publicado este luns no portal Meteored, onde sinala que as zonas máis afectadas serán precisamente a metade norte peninsular e as illas Baleares.

Publicidade

O tempo manterase inestable durante o venres, cando se agardan abundantes chuvascos en Galicia e un forte descenso das temperaturas. De feito, espérase que a fronte fría que entrou o xoves pola vertente atlántica vaia avanzando cara ao Mediterráneo, deixando ao seu paso ventos moi intensos en gran parte da península. Na fin de semana persistirá o tempo invernal e inestable e, de feito, Martín León prognostica que “outra poderosa borrasca atlántica podería agudizar o temporal invernal cunha nova entrada de norte-noroeste con máis precipitacións, ventos moi fortes, mala mar e nevadas, que se manterían para o domingo 25”.

As temperaturas máximas ao longo de toda a fin de semana estarán entre os 9 e os 13 graos, mentres que as mínimas se situarán entre os 6 e os 7. Segundo explica o meteorólogo Mario Picazo nun artigo publicado este luns no portal Eltiempo.es, o vento fará que “a sensación de frío sexa moito maior”. É de esperar, por tanto, que a sensación térmica estea por debaixo do que marquen os termómetros e a fin de semana estea marcada por chuvia abundante, con probabilidades de precipitación que acadan o 90%, e por valores invernais. Pese á incerteza, o escenario parece que se manterá inestable para a vindeira semana, segundo o prognóstico de Martín León. “O inverno seguirá connosco durante os últimos días de febreiro de 2024”, conclúe.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro