‘Picona’, ‘Famosa’ e ‘Luguesa’: as 16 variedades galegas de castaña que descoñecías

Unha guía sobre os tipos de bullotes que se dan en Galicia amosa as diferentes cores e formas destes alimentos

Empeza o outono e con el chegan as grandes protagonistas que nos enchen as mans nesta época: as castañas. Un froito que se obtén do castiñeiro e que medra no interior dunha cúpula de espiñas longas e ramificadas chamada ‘ourizo‘. As pugas, verdes ou marróns, cobren os chans dos nosos montes. A castaña galega é unha das máis valoradas a nivel mundial e ten unha longa tradición no país. De feito, pénsase que xa hai 12000 anos medraban nos bosques. Sabemos que o tamén chamado ‘bullote’ é un indispensable do período outono-inverno, precisamente polas múltiples maneiras de inxerilo e os valiosos nutrientes que aporta. Con todo, non é tarefa fácil distinguir todas as variedades que existen en Galicia. Hai ata 16 tipos que reciben nomes tan curiosos como ‘Picona’, ‘Famosa’, ‘Luguesa’, ‘De Parede’ ou ‘Puga de Afora’.


Toda esta información está recollida na Guía de cultivo do castiñeiro para a produción de castaña (2014) da enxeñeira Josefa Fernández López. No volume aparecen as variedades con máis importancia recoñecida nas diferentes zonas dos soutos galegos, como a ‘Amarelante‘, ‘De Parede‘, ‘Famosa‘, ‘Garrido‘, ‘Longal‘, ‘Negral‘, ‘Ventura‘ e ‘Judía‘. Os seus polinizadores, ‘Negral‘, ‘Rapada‘ e ‘Picón‘, foron elixidos para plantar nos novos soutos da zona amparada pola indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia. Outras variedades tradicionais moi produtivas e con características moi valoradas son a ‘Raigona‘,  ‘Luguesa’, ‘Inxerta’, ‘Branca’, ‘Puga de Afora’, ‘De Presa’ e ‘Rubia’.

Publicidade

A castaña estimula o funcionamento do sistema nervioso

A comunidade galega acumula o 60% da produción nacional de castaña. É un froito seco característico do outono que ten un baixo aporte calórico, contendo graxas saudables e ácidos esenciais Omega 3 e 6 que protexen a saúde cardiovascular; conteñen os aminoácidos que o organismo necesita diariamente; estimulan o funcionamento do sistema nervioso polas vitaminas do grupo B; e fortalecen o sistema óseo polo fórforo e magnesio que conteñen. É un alimento saudable practicamente para calquera persoa e pódese conseguir facilmente, así como cociñar de moitas maneiras. Unha das formas preferidas dos galegos é ao forno, o que axuda tamén a quentar as mans nos días de frío.

Zonas de uso tradicional das 16 variedades de castaña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Soutar, apañar ou rebuscar: as máis de 40 formas lingüísticas de recoller castañas en galego

O Atlas Lingüístico Galego recolle 47 palabras e expresións para nomear a tarefa, con variantes que reflicten a diversidade léxica do idioma

Que é a salmonelose e como evitala? Un lote de ovos contaminado activa a alerta por 13 contaxios en España

Os produtos contiñan o patóxeno 'Salmonella enteritidis', que pode provocar, entre outros, febre, dor abdominal e diarrea

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas