O ceo non dá tregua: Galicia afronta a semana cun carrusel de frontes e chuvias case diarias

MeteoGalicia activa alertas laranxas por vento e mar mentres as previsións apuntan por episodios de inestabilidade sucesivos ao longo dos vindeiros días

O inicio do ano vén chega pasado por auga. A primeira das frontes atlánticas que se sucederán nos vindeiros días entrou en Galicia o domingo, activando fortes refachos de vento que acadaron os 80 quilómetros por hora e deixaron precipitacións en puntos como Vigo ou Santiago de Compostela. A partir do luns, as choivas gañarán intensidade e poderán ser especialmente fortes no oeste de Galicia, onde non se descartan episodio de chuvia torrencial nalgunhas localidades.

Pero, como evolucionará a situación ao longo da semana? Segundo un artigo publicado por ElTiempo.es, unha segunda fronte chegará á península por Galicia con precipitacións abondosas. Durante a mañá do martes deixará chuvias en boa parte do territorio galego, con especial intensidade na provincia de Ourense.

Publicidade

O mércores traerá unha breve tregua, xa que as precipitacións afectarán principalmente a rexións do norte da península e evitarán Galicia. Con todo, os modelos meteorolóxicos anuncian a irrupción dunha nova borrasca que deixará chuvias intensas o xoves e o venres. A súa combinación con aire frío podería provocar precipitacións en forma de neve nas rexións de montaña e puntos da meseta norte.

Segundo a predición de MeteoGalicia, a meirande parte das cidades galegas seguen o mesmo patrón: agás Ferrol e Lugo, onde se prevé que choiva todos os días, A Coruña, Ourense, Vigo, Pontevedra e Santiago seguirá a tendencia facilitada por Adrián Martínez dende ElTiempo.es. De feito, a alerta amarela por chuvia e vento expándese durante o luns na provincia de Pontevedra, na costa da Coruña, na Mariña, nas montañas de Lugo e Ourense, e no sur desta última provincia.

Publicidade

Alerta laranxa no mar

MeteoGalicia activou a alerta laranxa na costa galega para o luns 12 e o martes 13 debido a un episodio de forte temporal marítimo. Nas Rías Baixas, o vento poderá acadar forza 8, con algúns núcleos puntuais de forza 9, unha situación que tamén se repetirá na Costa da Morte e no litoral noroeste da provincia da Coruña, onde as condicións serán especialmente adversas para a navegación.

No que respecta ao estado do mar, o escenario tamén é preocupante: segundo o servizo meteorolóxico galego, a altura significativa das ondas poderá situarse entre os 5 e 6 metros, co que supón un risco elevado tanto para a actividade marítima como para as zonas costeiras máis expostas. Un arranque de ano no que o paraugas e a prudencia serán compañeiros inseparables en Galicia.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional

A borrasca subtropical Charles regará Galicia con fortes chuvias durante o mércores

A nova zona de baixas presións tomará o relevo de Bruna e MeteoGalicia establece a alerta amarela en Ourense por precipitacións

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas