Novo desprendemento nun arco da praia das Catedrais

Cae un bloque de considerables dimensións con seis metros de ancho por dez de alto

Un dos arcos da praia de As Catedrais (Ribadeo) sufriu un novo desprendemento este luns. A caída produciuse no primeiro dos tres arcos situados de maneira consecutiva. O arco no que se ocasionou o desprendemento non produciu ningún dano persoal. O desprendemento é dun bloque de considerables dimensións, con seis metros de ancho por dez de alto.

A praia de Augas Santas (As Catedrais é u nome turístico) está declarada Monumento Natural, recoñecido polas espectaculares formas dos seus cantís e non é a primeira vez que sofre derrubamentos.

Publicidade

En agosto de 2019, en plena tempada turística, tamén se produciu a caída de varias pedras nun dos pasadizos de acceso ás covas sen que ningún dos visitantes sufrise por iso ningunha ferida.

Con todo, na Semana Santa de 2018 unha moza de 25 anos morreu polo impacto que sufriu tras a caída dunha rocha na cabeza cando se atopaba no interior dunha das covas. Este suceso ocasionou que a Xunta de Galicia reforzara a sinalización dos puntos máis “perigosos” do areal. E de feito, estableceuse un control de acceso.

Publicidade

Protección Civil de Ribadeo informou de que estes desprendementos son habituais, sobre todo cando se rexistran días de choiva e cambios de temperatura, polo que avisan de que non é seguro andar polos cantís.

1 comentario

  1. Conviría saber se hai algunha posiblidde de evitar que os desprendementos dos arcos segan a producirse ?
    Existe algún remedio ou reforzamento ?
    Que se pode facer…?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

A lucense que agarda un dobre transplante de páncreas e ril e converteu o hospital nun lenzo da súa vida

Monse Fernández publica "Haxa salú!", editado pola Fundación Renal Española, no que relata longas estancias médicas e anécdotas do día a día

A tala de piñeiros pon en “grave risco” un conxunto de petróglifos en Outeiro de Rei

Dúas asociacións alertan de que a corta de árbores na parroquia de Parada se está a realizar sen medidas de protección patrimonial