A neve volve con forza a Galicia despois do ‘verán’ de Semana Santa

Ademais das zonas de montaña, a neve deixouse ver en lugares por debaixo de 1.000 metros de altitude, como o Deza ou a serra do Careón

Só tres días despois de que, en pleno mes de abril, os termómetros chegaran a superar os 30ºC en Galicia (30,2ºC en Ponteareas), as temperaturas descenderon ata uns niveis que provocaron a chegada de precipitacións en forma de neve, e non precisamente lonxe do municipio pontevedrés. A só uns quilómetros, nos montes que separan as provincias de Ourense e Pontevedra, no Suído, o Faro de Avión e Testeiro, a neve deixouse notar este martes.

As folerpas mesmo caeron con forza en zonas por debaixo dos 1.000 metros que amosaba a predición: no Deza ou na Serra do Careón, entre A Coruña e Lugo, en municipios como Melide, nevou esta mañá.

Publicidade

Horas de neve acumulada (ver lenda). Fonte: MeteoGalicia.
Horas de neve acumulada (ver lenda). Fonte: MeteoGalicia.

A situación mesmo podería repetirse e intensificarse nos vindeiros días, xa ás portas do mes de maio, segundo as predicións realizadas polos servizos meteorolóxicos. Ata o xoves Galicia permanecerá baixo a influencia das baixas presións con presenza de aire frío en altura, o que deixará precipitacións intensas, que poden ser de saraiba en cotas baixas e, a partir dos 1.000 metros, en forma de neve.

Aviso amarelo e laranxa

Ante esta situación, MeteoGalicia activou o aviso amarelo por ondas de ata 5 metros para o xoves en toda a costa atlántica. Pola súa parte, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) adiantou o aviso amarelo ao mércores por ventos de ata 80 quilómetros por hora en case toda Galicia (ver aquí detalles). Para o xoves, entre Arousa e Ribadeo elevarase o nivel a laranxa, segundo a Aemet, debido a unha predición de ondas de ata 6 metros.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro