Xoves 28 Marzo 2024

O voluntariado, clave para minimizar o dano dos incendios forestais

Un estudo pioneiro revela a importancia das labores do persoal voluntario para a recuperación do chan queimado

A revista Science of the Total Environment vén de publicar un estudo realizado tras a vaga de incendios de outubro de 2017 que demostra de forma pioneira que os labores do voluntariado poden resultar tremendamente exitosos para mitigar o impacto dunha catástrofe natural como é o lume forestal. Elena Buch, fotoxornalista do proxecto, recalca a importancia de que sexa “un dos poucos estudos que se centra na importancia do voluntariado“, sendo capaz de reflectir con datos os seus beneficios.

Segundo os propios autores, “o voluntariado é un tema delicado xa que, en xeral, a administración é reticente a fomentar a colaboración da cidadanía para aspectos técnicos coma este. Ben sexa por receo técnico, ou ben por dúbidas sobre o balance entre o beneficio e os danos de actuacións masivas de voluntariado en zonas sensibles”. Os resultados deste estudo demostran o gran potencial que teñen as actividades de voluntariado para mitigar a degradación ambiental post-incendio. “Para nós é a mellor forma de agradecer tanta axuda altruísta”, explican.

Publicidade

A importancia do “mulching”

A perda de cobertura vexetal e o mal estado do solo no concello de Ponte Caldelas tras os incendios de hai catro anos levou a un colectivo de cidadáns, profesionais e ambientalistas a unir as súas forzas baixo a creación da Asociación A Rente do Chan. Entre o persoal integrante, figura o investigador Sergio Prats da Universidade de Évora, especialista en erosión post-incendio, e que propuxo a aplicación dunha cobertura de material orgánico sobre a superficie do chan para minimizar a erosión, denominada mulching. Esta técnica, evita que as pingas de choiva impacten directamente sobre o chan espido.

mulching (técnica que consiste en distribuír palla de cereal ou calquera outro residuo orgánico fibroso como o millo ou os restos de poda triturados sobre o chan queimado) reduciu a erosión do chan ata nun 90% respecto ás áreas non tratadas. En contraposición, en ausencia de tratamento, a cuantificación da erosión do chan realizada neste estudo ascende a 27 toneladas por hectárea nos tres anos que durou a investigación.

“Na actualidade segue habendo grupos de traballo activos. Todos os anos se fan convocatorias, mínimo catro. A xente segue asistindo cunha afluencia que é un orgullo” Segundo comenta Elena Buch “os resultados seguen a ser moi positivos, tamén en canto a deseucaliptización”.

O estudo tamén aborda a sementa de landras de carballos como ferramenta para acelerar a recuperación da cuberta vexetal nativa

Foron moitos os medios que, baseándose en recomendacións técnicas, desaconsellaban estas operacións, pois a taxa de éxito deste tipo de sementas adoita ser moi baixa e non axudan a protexer o chan de forma inmediata. Pese a iso, catro autores do traballo, Sergio Prats, Pablo Sierra, Alvaro Moraña e Rafael Zas decidiron realizar un seguimento científico da sementada, tanto en zonas queimadas espidas como en zonas tratadas con mulching.

Tal como se esperaba, a taxa de supervivencia das landras sementadas ao final do
período de estudo (dous anos tras o incendio) foi moi baixa, tan só do 2%. As perdas debéronse maioritariamente á predación de landras por parte de pequenos roedores,
aínda que a incidencia de secas estivais, e os danos ocasionados por gando doméstico non
axudaron.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As impactantes imaxes do ceo de Nova York tinguido de laranxa polos incendios en Canadá

Os aerosois que emite a queima da masa forestal dispersan a luz aínda máis, o que fai que cambie a cor do ceo

“A loita contra o lume necesita dunha nova narrativa nos centros educativos”

María Isabel Doval, investigadora da UVigo, quere desenvolver novos recursos que coloquen as escolas rurais no quilómetro cero da prevención de incendios
00:04:48

Un dron intelixente que inspecciona de noite o lume

A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e Espazo da UVigo deseñan un dron que reforza a loita contra os incendios en condicións nocturnas

“Queremos optimizar a colocación de sensores para a detección temperá do lume”

Pablo Izquierdo é enxeñeiro da UVigo e traballa co seu equipo nun sistema que facilitaría a vixilancia dun territorio fronte aos grandes incendios