Descóbrense microplásticos a 2.877 metros de altitude

Un estudo constata a presenza de pequenas partículas plásticas no aire que rodea ao Pic du Midi, una montaña do Pirineo francés

O transporte atmosférico intercontinental de microplásticos xa é unha realidade. Tras analizar a composición de 10.000 metros cúbicos de aire captado semanalmente por unha bomba instalada no Observatorio do Pic du Midi, unha montaña de 2.877 metros do Pirineo francés, os investigadores informan dunha concentración de microplásticos de aproximadamente unha partícula por cada 4 metros cúbicos.

Algunhas das partículas analizadas contan cun tamaño que se pode respirar e esto podería supoñer que entren no noso organismo. Aínda que as cantidades analizadas non representan un risco inmediato para a saúde, sí son significativas para unha zona supostamente limpa e que está lonxe de focos de contaminación.

Publicidade

Orixe dos microplásticos

A investigación, liderada por científicos do Centro Nacional de Investigacións Científicas de Francia (CNRS), a Universidade de Grenoble Alpes e a Universidade de Strathclyde (Escocia), pon de manifesto que os microplásticos son un problema global. Segundo o comunicado do CNRS, este plástico (por exemplo, polímeros de poliestireno ou de polietileno) procede sobre todo de envases e empaquetados.

Os modelos matemáticos das traxectorias das masas de aire utilizados polo equipo investigador indican que as partículas se orixinaron en África, América do Norte ou no Océano Atlántico, o que indica un transporte atmosférico intercontinental e transoceánico destas partículas. Isto ilustra o potencial do transporte global de microplásticos en aerosol.

Publicidade

Os achados describen un novo escenario no ciclo de vida dos microplásticos

A investigación, publicada na revista Nature Communications, ofrece tamén unha explicación da presenza de microplásticos nos polos, no Monte Everest ou noutras rexións remotas do planeta. Os datos confirman que os microplásticos móvense entre continentes porque a troposfera libre, que é a zona atmosférica estudada, actúa como vía ultrarrápida para grandes distancias de partículas.


Referencias: 

Evidence of free tropospheric and long-range transport of microplastic at Pic du Midi Observatory .(Publicado en Nature Communications).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

Un estudo da UVigo en ratas suxire que os microplásticos alteran a conduta e a función cerebral

A investigación indica que as partículas poden actuar como vehículos doutros contaminantes e ampliar os efectos neurotóxicos do glifosato