O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Están presentes en calquera país do mundo e incluso na nosa sangue. Uns químicos que poden tardar ata miles de anos en degradarse e que se empregan nunha multitude de produtos de consumo diario con grandes características como repeler a auga e as graxas, de aí a ser demandados en moitas industrias. Trátase das substancias perfluoroalquiladas e polifluoroalquiladas (PFAS, polas súas en inglés) e son causantes dunha gran contaminación en toda Europa. A investigación transnacional ‘Contaminación para sempre’ amosou que case 23.000 sitios en todo o continente presentan este tipo de contaminación. A través dun estudo colaborativo de 16 salas de redacción de toda Europa creouse o primeiro mapa que evidencia que hai moita máis polución da que se coñece publicamente. En Galicia, e conforme a este proxecto, existen ata 70 puntos sospeitosos de conter PFAS.

O Outeiro (A Coruña) é a única zona na que se demostrou a presenza destes químicos. Foi en 2008 a través dunha mostra superficial da auga. O primeiro mapa de Europa que amosa o alcance deste tipo de contaminación foi realizado por Le Monde. Nel obsérvase que a comunidade suma unha decena de puntos críticos que abranguen dende sitios industrais, zonas de xestión de resiudos, aeroportos e contornas militares. Por exemplo, relacionados coa actividade industrial na Coruña, menciónase Lieiro, Ferrol, A AGrela (pola actividade de Alcoa), Bens e Sancibrao, en Melide; en Santiago de Compostela, Silvouta e Eyrega; as Rías Baixas son as máis sospeitosas de conter contaminación por PFAS dende Ribeira ata A Garda, pasando por Pontevedra (Ence), Pobra do Caramiñal, Cambados, O Grove, Portonovo, Bueu, Pontevedra, Bueu, Cangas e un longo etcétera.

Publicidade

140 puntos con PFAS en España

A investigación foi desenvolta por 17 grupos de comunicación e datos que se basearon en artigos científicos, como Knack (Bélgica), Denik Referendum (Chequia), YLE (Finlandia), Reporters United (Grecia), Latvian Radio (Letonia) e entre elas Datadista, en España. Na península, o mapa da ‘contaminación para sempre’ indica ata 140 puntos con presenza de PFAS. No estudo participaron 1.892 voluntarios e se tomaron mostras para identificar os denominados ‘químicos eternos’ no sangue. Os científicos españois do Centro Nacional de Sanidade Ambiental (CSNA) estipularon que os valores que superen os 5 miligramos por litro poden ter consecuencias na saúde. Finalmente, no 85% das análises atoparon PFAS. E, de feito, Galicia e Cataluña obtiveron os valores de PFAS máis altos.

Mapa de contaminación de PFAS en Europa. Foto: Le Monde

O uso estendido de PFAS e a súa capacidade para permanecer de maneira intacta no medio ambiente eleva a contaminación da auga potable. Están presentes en tixelas antiadherentes, roupa impermeable, produtos de limpeza, espumas antiincendios, envases de comida para levar, cosméticos e alfombras. Segundo indica o Ministerio de Sanidade, o uso de PFAS relaciónase co debilitamento do sistema inmunitario, aumento dos niveis de colesterol, danos hepáticos, cancro de ril, cancro de testículo e a diminución da respostas do sistema inmunolóxico á vacinación nos nenos. Dende o proxecto ‘Contaminación para sempre’ apuntan que os esforzos por recompilar información sobre os PFAS “difiren dunha rexión a outra” e o mapa “só dá unha imaxe moi subestimada do alcance da contaminación real en Europa”.

Publicidade

Un dos axentes químicos máis estudados dos PFAS son o sulfonato de perfluorooctano (PFOS). A sociedade española supera os valores de biomonitorización humana (HBM-I, polas súas siglas en inglés) establecidos pola Comisión Alemana de Biovixilancia Humana. A súa presenza no corpo humano aumenta coa idade e é máis habitual en homes, xa que as mulleres elimínanos coa menstruación e o leite materno.

Na actualidade a Unión Europea estuda unha proposta para prohibir os PFAS. Alemaña, Países Baixos, Dinamarca, Suecia e Noruega participaron na elaboración da iniciativa e declararon conxuntamente que se convertería nunha das “maiores prohibicións de substancias químicas xamais realizadas en Europa. Unha prohibición dos PFAS reduciría as cantidades de PFAS no medio ambiente a longo prazo. Tamén faría que os produtos e procesos fosen máis seguros para os seres humanos”. A norma propón que as empresas dispoñan de entre 18 meses e 12 anos para introducir substancias alternativas. Desta maneira, prevese que o vindeiro ano sexa obrigatorio que todos os países da Unión Europea establezan controis nas augas de bebida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua