Lugo protexerá a Herba Cheirenta, unha planta medicinal en perigo

A Universidade de Santiago de Compostela e a Deputación Provincial de Lugo impulsan o aproveitamento sustentable das Reservas da Biosfera de Lugo da Árnica Montana L.. Esta é unha planta medicinal tradicional ameazada en Galicia. Actualmente hai un proxecto de investigación co gallo de afondar na análise da súa diversidade xenética. Entre as súas propiedades, atópase a súa axuda no eido da absorción de hematomas e tamén funciona como antiinflamatorio. A industria farmacéutica demanda cada vez máis esta especie.

Os profesores e investigadores na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC Manuel Vera Rodríguez, do grupo de Xenética, e Rosa Romero, do grupo de Sistemas Silvopastorais lideran este proxecto. A través do mesmo preténdese dar continuidade a estudos xa desenvolvidos en Lugo respecto dos principios químicos responsables das propiedades terapéutica da Árnica Montana L.

Publicidade

Os dous tipos de Árnica Montana, L.

Segundo Romero, nesta planta distínguense dous quimiotipos: o centroeuropeo, propio de Alemaña e Romanía, e o español.  O último é o maioritario en Galicia. A súa principal diferencia do centroeuropeo atópase nas lactonas sesquiterpénicas da súa flor, as responsables das propiedades terapéuticas. Por esta razón, o quimiotipo español presenta un menor grao de alerxias asociadas.

As liñas de investigación actuais

Este novo convenio entre a Deputación de Lugo e a USC abrangue dúas liñas fundamentais. Por unha banda, a análise da diversidade xenética a nivel interpoboacional e intrapoboacional da Árnica Montana L. en Galicia. Así, poderanse establecer estratexias de aproveitamento sostible e a posterior posta en marcha de parcelas experimentais encamiñadas a abrir alternativas rendibles economicamente para o sector agrario galego. Outra liña sería a de explorar posibilidades de realizar transformacións en Galicia alén do secado e picado da árnica para incrementar o valor engadido, entre outros factores.

Publicidade

Por que é importante a Arnica Montana, L.

Este proxecto é moi importante, sobre todo na provincia de Lugo. Alí atópanse algunhas das mellores poboacións de árnica do Noroeste da Península Ibérica e, ademais, colléitanse máis de vinte toneladas de flor fresca de árnica. Por este motivo artéllanse medidas para garantir a presencia desta especie en Galicia e para fomentar a xeración de ingresos adicionais na actividade agraria.

O estudo posibilitaría pór a disposición dos agricultores técnicas de cultivo ecolóxicas, viables económica e tecnicamente e que, ademais, sexan sostibles no espazo e no tempo. Asemade, o aproveitamento do cultivo da árnica reviste un interese social que pode axudar a incrementar as rendas económicas doutras actividades agrarias, gandeiras e forestais.

1 comentario

  1. Esotu interesada más parcelas experimentais. Son boticaria e dispoño de terras na chaira y poderia dispoñer na mariña
    Un saudo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:35

É a intelixencia artificial unha ameaza para a humanidade?

O frenesí dos últimos anos leva a moitos a preguntarse polo verdadeiro alcance dunha revolución con riscos, pero con moitos beneficios se se seguen as normas

Ata que punto é seguro o Nolotil?

O antiinflamatorio produce reaccións adversas nocivas cun uso incorrecto. Se se administra adecuadamente é eficaz para determinadas doenzas

Un equipo deseña un antiinflamatorio substituto dos corticoides

O composto, creado por un grupo liderado polo CSIC e a Universidade Politénica de Valencia, ten menos afectos adversos e toxicidade

O cultivo da árnica galega: alternativa á desaparición das poboacións silvestres

As primeiras análises xenómicas constatan o potencial da planta medicinal, cuxo quimiotipo ibérico é menos alerxénico que o centroeuropeo