Un lobo mariño na Coruña: “É inusual a chegada dunha femia adulta ás nosas costas”

A Cemma segue a ruta deste exemplar dende o 30 de decembro, cando foi avistada en Burela

Dende o 30 de decembro a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) segue a unha femia de lobo mariño avistada por vez primeira en Burela (Lugo). Na súa ruta chegou o 23 de xaneiro ás costas da Coruña onde foi vista na praia de Oza. Segundo explican dende a organización é habitual nesta época a aparición de exemplares de lobo mariño. “Durante os meses de inverno é frecuente avistar individuos desta especie, a diferenza de que outros anos son exemplares xuvenís de non máis de tres meses de idade”, comentan os biólogos. O exemplar avistado é unha femia adulta de lobo mariño cincento de máis de 100 quilos.

Os lobos mariños son especies solitarias. Viven en soidade toda a súa vida, polo que non é estraño atopar un exemplar illado. Só se xuntan con outros individuos da súa especie para a muda e para a reprodución. Cando nacen nas zonas das colonias, explican dende a Cemma, espállanse por todos os mares. Os que seguen a dirección sur son os que chegan ás costas galegas. O motivo polo que chegou esta femia é descoñecido, pero ao “tratarse dunha época habitual de avistamento de lobos mariños, enténdese que puido estar motivada polo mesmo que os exemplares máis mozos”, sinalan.

Publicidade

A ruta que seguen estes mamíferos está guiada pola busca de alimento e por ser habitantes dun territorio no que non teñan outros competidores. Polo que, polo xeral, adoitan avistar exemplares ao longo de toda a tempada de inverno en Galicia. Estas especies non sempre precisan coidados. Con todo, no caso de ser necesaria a atención, faise baixo a dirección do equipo veterinario nas intalacións de Cemma. Para a segunda fase previa á liberación cóntase con grandes piscinas que ceden o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) da Illa de Arousa ou o acuario do Grove, explican na páxina web da coordinadora.

Avistada unha lobo mariño femia na praia de Oza o 23 de xaneiro. Foto: Eloy Triñanes.
Avistada unha lobo mariño femia na praia de Oza o 23 de xaneiro. Foto: Eloy Triñanes.

Adicionalmente, para o diagnóstico por imaxe o equipo veterinario conta coa colaboración do Hospital Veterinario Rof Codina da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo. Na súa páxina engaden que os lobos mariños que necesitan pasar por rehabilitación despois son postos en liberdade nas augas do Gran Sol, labor que poden levar a cabo gracias á colaboración dos barcos pesqueiros da zona.

Publicidade

Dende a Cemma alertan tamén da forma de actuar cando unha persoa fai un avistamento. Débese chamar ao 112 e notificar do lugar do avistamento para que as autoridades pertinentes poidan actuar. Nestes momentos non poden asegurar a localización deste exemplar agora mesmo “pero é seguro que se atopa nas nosas costas”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Case a metade dos cetáceos de augas profundas inxiren macrolixo no noroeste ibérico

A CEMMA participa nun estudo que documenta que aproximadamente o 30% dos exemplares acaba falecendo a causa de lesións dixestivas

Morre o arroaz Ladiña a causa dun accidente cunha hélice

Cría e nai percorreron durante case dous anos distintos portos das rías galegas tras seren detectadas por primeira vez na Guarda en 2024

Aparecen máis de 2.000 araos papagaios nas praias galegas afectados polas borrascas

A compoñente suroeste do temporal marítimo no Atlántico produciu a chegada de aves, localizadas entre as Rías Baixas e o sur da Costa da Morte

Galicia rexistra un 45,3% menos de varamentos en 2025

O Cemma explica que as cifras, a pesar da diminución de exemplares afectados, continúan sendo elevadas e preocupantes para a conservación