A ONCE e o CITIC alíanse para mellorar a vida das persoas con discapacidade visual

Investigadores da UDC e membros da organización realizaron un taller no que conectaron as necesidades coa tecnoloxía

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIC) da Universidade da Coruña e a ONCE mantiveron unha xornada de traballo co fin de explorar solucións tecnolóxicas para a mellora da vida das persoas con discapacidade visual e optimización de procesos a través da aplicación da intelixencia artificial (IA), a robótica ou os escenarios de realidade virtual. O encontro enmárcase dentro da iniciativa ONCE INNOVA, o laboratorio de innovación da ONCE, desde o que se aposta polo traballo colaborativo e xeración de alianzas estratéxicas, co fin de crear espazos de intercambio para o impulso á innovación inclusiva e desenvolvemento de coñecemento en novas tecnoloxías.

No taller, que tivo lugar no CITIC, participaron seis membros de distintas áreas da ONCE e quince investigadores do CITIC que, a través de catro mesas de traballo, conectaron as necesidades de innovación da organización coas tecnoloxías desenvolvidas no centro. O taller, realizado a través de metodoloxías de innovación centrada nas persoas, celebrouse co propósito de atopar solucións aos casos de uso presentados desde a ONCE, froito da análise coas distintas áreas de negocio implicadas.

Publicidade

Partiuse de catro perfís de persoa que representaban casos de uso aplicables a áreas da ONCE, como a loxística, comercial, experiencia de usuario no ámbito sanitario ou a navegación informada. Os membros do CITIC que participaron na experiencia contan con perfís especializados en robótica industrial, sensorización e automatización, modelización de procesos e aplicación da IA en plantas de loxística e distribución. Outras das liñas de traballo expostas foron as tecnoloxías de proximidade, o desenvolvemento de apps ou a atención á diversidade, así como a xeolocalización exterior, a visión artificial e as cámaras de profundidade e a aplicación da Intelixencia Artificial en análise de tempo real de obstáculos. Así mesmo, tamén se falou sobre a analítica de vendas, a representación da información xeolocalizada, a análise de perfís de poboación e a adquisición de fontes reais.

O centro de investigación da UDC é un referente no desenvolvemento de proxectos de IA e a aplicación das TIC en proxectos e iniciativas destinadas a favorecer a inclusión social, promovendo o seu uso para mellorar a calidade da vida das persoas con discapacidade, como no caso do programa Talentos Inclusivos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O centro galego Gradiant deseña un sistema de IA para verificar contidos audiovisuais e prever fraudes

A plataforma, destinada a empresas e medios de comunicación, recibe un premio internacional no eido da ciberseguridade

É a IA unha ameaza? “Os avances van máis rápido do que a sociedade pode asumilos”

Fernando Suárez e Senén Barro aseguran que a intelixencia artificial si presenta riscos, pero a destrución da humanidade non se atopa entre eles

Maite Taboada, colaboradora de Google: “O odio comeza por nós, o que fan as redes sociais é distribuílo”

A nova membro da Real Academia Galega de Ciencias é catedrática de Lingüística no Canadá, onde centra a súa liña de investigación na análise do discurso na rede e da desinformación

Un grupo de investigación da USC alerta dos perigos da intelixencia artificial en contacto coa infancia

O traballo analiza diferentes experiencias dos Estados Unidos e China e expón a necesidade de valorar a IA dende unha perspectiva tecnolóxica, educativa, lexislativa e ética