A provincia de Ourense foi a que máis ardeu de España en 2016

O 2016 foi, de novo, un mal ano para Galicia no referente aos incendios forestais. O informe anual que publica o Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente expón que no noso país arderon 21.112,19 hectáreas durante o pasado ano, máis dun terzo da superficie queimada no conxunto do territorio estatal (59.378,61). Foi, por tanto, a rexión do Estado máis afectada polos incendios. Amais, Ourense foi a provincia de España que máis ardeu, con 11.355,24 ha. De feito, só nesta provincia ardeu máis que en calquera outra comunidade autónoma. Na segunda rexión máis afectada polos lumes, Castela e León, queimáronse 9.062,20 ha.

Ourense ardeu máis que calquera outra comunidade autónoma no seu conxunto

O resto das provincias galegas sitúanse a bastante distancia de Ourense. Con todo, Pontevedra é a terceira máis afectada de toda España, con 4.961,60 hectáreas, só por detrás de León e a súa veciña ourensá. Na Coruña queimáronse 3.900,87 ha e en Lugo, a menos danada polo lume, arderon 894,48.

Publicidade

Das 21.112,19 hectáreas queimadas en Galicia, máis da metade arderon nos oito Grandes Incendios Forestais (tal e como son denominados os lumes que arrasan máis de 500 hectáreas). Oito dos 21 lumes de grandes dimensións acontecidos en toda España foron no noso país.

Grandes incendios forestais en 2016:

  • Santiago de Compostela (10 de agosto) 825,18 hectáreas.
  • Caamaño-Porto do Son (10 de agosto) 730 hectáreas.
  • Xuño-Porto do Son (10 de agosto) 870 hectáreas.
  • Muíños (5 de setembro) 747 hectáreas.
  • Ourense Oímbra (6 de setembro) 1.363,25 hectáreas.
  • Ourense Entrimo (6 de setembro) 2.999,50 hectáreas.
  • Ourense Cualedro (12 de setembro) 1.588,44 hectáreas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro