Galicia arrinca a semana con alerta laranxa e chuvia intensa: que tempo irá en Entroido?

A influencia anticiclónica deixará temperaturas agradables e baixa probabilidade de chuvia de cara á fin de semana segundo Meteogalicia

Mollaranse esta semana os peliqueiros, os boteiros ou os xenerais do Ulla? Galicia achégase ao días grandes do seu Entroido e o tempo semella que permitirá desfrutar das festas programadas para as seguintes xornadas. Após unha fronte fría moi activa que deixará precipitacións intensas durante este luns, agárdase que a “tendencia anticiclónica deixe unha baixa probabilidade de chuvias e unas temperaturas agradables” de cara ao final da semana e comezos da próxima, segundo indican fontes de Meteogalicia.

Este luns 24 de febreiro Galicia vivirá unha xornada de avisos amarelos e laranxas debido ao paso dunha fronte fría moi activa de oeste a leste. A provincia da Coruña e o interior de Pontevedra teñen activada unha alerta amarela por chuvias que poderían acumular máis de 40 litros por m2 en 12 horas. Do mesmo xeito, o litoral galego —a excepción da Mariña lucense— vivirá unha xornada “complicada” con ondas que poderán superar os cinco metros de altura e ventos que alcanzarán máis de 60 quilómetros por hora.

Publicidade

Influencia anticiclónica

De cara ao martes, unha vez pasada a fronte fría, a comunidade rexistrará algúns chuvascos ocasionais, “máis probables na metade oeste” que irán remitindo co avance da xornada. As temperaturas baixarán lixeiramente, manténdose as máximas ao redor dos 15 grados en Pontevedra ou Ferrol, mentres que as mínimas oscilarán entre os 3 grados de Lugo e os 7 da Coruña.

Segundo detalla Meteogalicia, a partir deste día a probabilidade de precipitacións é baixa, mais agárdanse algúns chuvascos de cara ao xoves. Ademais, prevese que se “recupere progresivamente a influencia anticiclónica de cara á fin de semana e os primeiros días da próxima“, polo que as temperaturas serán agradables durante o día, especialmente nas horas centrais, pero baixas durante a noite.

Publicidade

Os termómetros de cara á fin de semana, segundo a predición de Meteogalicia, ascenderán ata os 15 graos en Vigo, A Coruña e Ourense, mentres que en Santiago e Lugo as temperaturas serán algo máis baixas. Pola contra, as mínimas esperánse que oscilen entre os 3 grados de Ourense e os 7 de Ferrol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla