Pablo, un novo furacán no Atlántico leste

Non está afectando a Galicia, e xa está perdendo bastante forza, pero prodúcese de novo un feito moi pouco habitual neste tipo de fenómenos

Hai unhas semanas, a formación do furacán Lorenzo no Atlántico sorprendeu aos meteorólogos. Era a primeira vez que un fenómeno deste tipo acadaba a máxima categoría, a 5, tan ao leste deste océano. O impacto foi notorio nas Azores. Agora é outro furacán, co nome de Pablo, o que se formou en latitudes moi pouco habituais.

Segundo informou nos últimos días o Centro Nacional de Furacáns (NHC) dos Estados Unidos, acadou o domingo a categoría 1. Moito máis débil ca Lorenzo, pero coa forza suficiente para ser cualificado como furacán. Segundo expuxeron algúns expertos, é un dos furacáns que se situou máis ao norte e ao leste desde que hai rexistros.

Publicidade

Con todo, nin afectará a Galicia nin, en principio, a ningunha outra zona habitada. Durante o luns, segundo as previsións, o furacán Pablo desprazarase cara ao oeste, no medio do Atlántico, e perderá as características tropicais transformándose nunha borrasca. Na actualidade os ventos acadan na súa zona de influencia os 85 km/h, e a presión mínima é de 990 mb.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O furacán Gabrielle cambia de traxectoria: así afectará a Galicia

O percorrido levarao cara a Lisboa e ao Golfo de Cádiz, con efectos secundarios sobre o litoral noroeste con ventos e ondas elevadas

O furacán Gabrielle avanza cara a Galicia: esta é a súa posible evolución

Algúns dos máis de 50 escenarios meteorolóxicos prevén o seu impacto na costa galega en forma de borrasca

Os restos do furacán Erin traen chuvia a toda Galicia e activan a alerta amarela na costa

A borrasca situada ao oeste das Illas Británicas enviará varias frontes ao longo dos próximos días e provocará un descenso das temperaturas

Alerta no mar: a temperatura da auga en Galicia dispárase tres graos por riba do normal

O Atlántico vive un episodio de anomalía térmica que, segundo as predicións, manterase no tempo durante o mes de xuño