O furacán Leslie sorprende de novo e impactará contra Portugal

O furacán Leslie volve sorprender e finalmente impactará na península Ibérica, entrando polo norte de Lisboa convertido nunha tormenta tropical. E aínda que os modelos preditivos non conseguen ser precisos, semella que Galicia quedará fora do seu impacto, que se producirá na madrugada do domingo.

Como xa informábamos o pasado martes, Leslie é un furacán que semella imprevisible, porque leva varias semanas vagando polo Atlántico sen que se poida facer unha predición exacta da súa evolución. Pero xa quedan apenas horas para a súa chegada ao continente e os datos semellan agora máis precisos. Segundo a predición de Meteogalicia, o furacán localizouse durante a madrugada do sábado a uns 400 quilómetros ao noroeste de Madeira. Así, a traxectoria de Leslie vai levalo nas vindeiras horas a situarse na zona de cabo Mondego, ao norte de Lisboa, polo que Galicia quedará fóra da súa influencia.

Publicidade

Evolución prevista de Leslie ata o vindeiro luns.
Evolución prevista de Leslie ata o vindeiro luns.

A tormenta tropical si afectará a outras zonas da península Ibérica, segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, que advirte da posibilidade de ventos moi fortes, con refachos superiores a 80 km/ h; e choivas intensas, de 75 a 100 l/ m2 en 24 horas, no oeste peninsular ao longo deste domingo. As provincias afectadas poderían estar nunha franxa situada entre Cáceres e Zamora, alcanzando A Rioxa.

De calquera xeito, hai alerta amarela declarada en Galicia na área oeste da comunidade. Esta alerta amarela está relacionada con fortes choivas, vento e grandes ondas no mar, onde a situación empeorará o vindeiro luns pasando a alerta laranxa no litoral dende A Guarda ata Bares.

Publicidade

Alerta amarela en boa parte de Galicia.
Alerta amarela en boa parte de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un fármaco reduce á metade os días de xaqueca en pacientes sen resposta a outros tratamentos

O 44% dos participantes do estudo experimentaron unha melloría clínica e diminuíron a intensidade da dor e a necesidade de medicación

Así é como as eclipses alteran a intensidade do vento, a temperatura e a formación das nubes

Os cambios atmosféricos que se producen cando a Lúa opaca o Sol son moi breves pero teñen moito interese para a meteoroloxía

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

Por que está de moda o magnesio?

Unha inxestión insuficiente do mineral pode asociarse a fatiga, debilidade e alteracións neuromusculares, pero non significa que haxa que suplementarllo a todo o mundo