Un fungo letal esta matando ás ras: xa extinguiu 90 especies

Unha investigación internacional na que participa o CSIC describe como a quitridiomicose afecta a centos de especies de ras en todo o mundo

Chámase Batrachochytrium dendrobatidis, e está xerando unha declive xeneralizado en especies de ras de todo o mundo. O fungo, orixinario de Asia (onde non afecta ás especies locais) provoca unha enfermidade que ataca á pel dos anfibios e impide a correcta regulación da auga e os electrolitos xerando un fallo cardíaco nos animais. A doenza, chamada quitridiomicose, xa levou á extinción a 90 especies de anfibios, e afecta polo menos a outras 501 en máis 60 países do mundo.

“Trátase dunha enfermidade moi virulenta que afecta á fauna silvestre e está a contribuír á chamada Sexta Extinción masiva de especies na Terra”, explica Ben Scheele, investigador da Universidade Nacional de Australia e investigador principal do traballo publicado en Science. O equipo de científicos, entre os que participa Ignacio de la Riva do Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN-CSIC), confirma que este fungo quitridio é a especie invasora máis destrutiva que se coñece, xa que provocou a maior perda de biodiversidade asociada a unha enfermidade na historia do planeta. Ata a data, Sudamérica e Australia son as rexións máis afectadas. “Perdemos algunhas especies realmente asombrosas, e coñecer que especies están en risco pode axudar a dirixir a investigación futura para desenvolver accións de conservación” engade Scheele.

Publicidade

Os programas de conservación e novas técnicas de reintroducción en Australia evitaron a extinción dalgunhas especies, pero é realmente complicado eliminar o fungo dun ecosistema, en parte porque hai especies ás que a enfermidade non lles afecta. “Por unha banda, é bo que haxa especies resistentes pero, por outro, iso significa que ditas especies portan o patógeno e actúan como reservorios permanentes do fungo”, reflexiona o investigador australiano.

O artigo compila a información da que se dispón da enfermidade e pon o acento na necesidade de regular tanto o comercio internacional de especies como a bioseguridade nas fronteiras, xa que identificaron moitas especies que corren un alto risco de desaparecer nas próximas dúas décadas.

Publicidade

Sudamérica e Australia, as máis afectadas polo fungo

“Perdemos algunhas especies realmente asombrosas, coñecer que especies están en risco pode axudar a dirixir a investigación futura para desenvolver accións de conservación”, indica Scheele.

“Os seres humanos estamos a mover animais e plantas por todo o mundo, provocando así a presenza de patóxenos potencialmente perigosos en áreas novas. A globalización e o comercio de especies silvestres son as principais causas que permiten que se manteña a propagación desta pandemia mundial”, continúa.

Distribución global da quitridriomicose asociada ao declive das especies de anfibios. Fonte: Science.
Distribución global da quitridriomicose asociada ao declive das especies de anfibios. Fonte: Science.

Sudamérica é a rexión do planeta que máis anfibios alberga con máis dun terzo das case 8.000 especies coñecidas de anfibios. As rexións tropicais de América constitúen a zona do mundo con maior diversidade desta clase de vertebrados, e á vez a que máis sufriu os efectos da quitridiomicose. “O efecto da enfermidade nos Andes foi absolutamente catastrófico. Os nosos estudos xa revelaran a posible extinción de varias especies e a diminución de moitas outras, sobre todo nos bosques andinos”, explica Ignacio de la Riva, investigador do MNCN.

Un estudo previo, que De la Riva asinaba xunto á investigadora da Universidade de Porto Rico, Patricia Burrowes, confirmaba que, aínda que o ser humano é con seguridade o último responsable da dispersión inicial da enfermidade, as aves acuáticas poderían ser potenciais dispersores do fungo patóxeno nestes ecosistemas complexos, o que multiplicaría o seu efecto.

“Neste estudo internacional reunimos e analizamos toda a evidencia acumulada nos últimos anos para revelar a verdadeira dimensión do problema a nivel global”, relata Burrowes. O estudo contou coa colaboración de 41 expertos en anfibios e enfermidades da vida silvestre de todo o mundo, o que permitiu obter información de primeira man sobre o que estivo sucedendo nos distintos países nas últimas décadas, así como da situación actual.

Referencias: Amphibian fungal panzootic causes catastrophic and ongoing loss of biodiversity (Publicado en Science, 29 de marzo de 2019).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

Máis de 2.500 sinaturas esixen á Xunta que declare o salmón “en perigo de extinción”

Cinco entidades ecoloxistas reclaman que a administración galega "asuma a súa responsabilidade" e protexa a especie

España continuará pescando anguías ata a súa extinción

Desde 1980 a súa poboación derrubouse. A pesar desa pésima situación, a especie é aínda obxecto de pesca comercial e véndese e consómese con normalidade

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies